Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

14/3/12

PAGO A PROVEEDORES E PLAN DE AXUSTE

Os socialistas solicitan que o Goberno Municipal practique a transparencia de información no proceso de adscrición á liña de financiación estatal de pago aos proveedores
Os socialistas solicitan unha xuntanza de portavoces para coñecer a relación de facturas e o Plan de Axuste que acompaña á devandita solicitude
“Non estaremos dacordo co Plan de axustes se supón outra subida de impostos e taxas aos veciños de Vilagarcía”. Salientou Tania García

Vilagarcía de Arousa, 13 de marzo de 2012.- O Partido Socialista de Vilagarcía vén de comprobar como o Alcalde Tomás Fole recentemente anunciou, en prensa, que o Concello de Vilagarcía se acollerá á liña de financiamento aprobada polo Consello de Ministros para o pago a proveedores das entidades locais. Dende o grupo socialista no Concello considérase unha boa decisión, que xa enlaza coa liña de crédito ICO aberta polo anterior Goberno do Estado, e “que favorece á xestión dos Concellos e o cobro aos proveedores, principalmente aos autonómos e pymes”, como defendeu a portavoz socialista, Tania García. Sen embargo, lembran os socialistas que xa naquel caso Tomás Fole camiñou erraticamente por obviar as indicacións que o grupo socialista lle fixo sobre a priorización de facturas de autónomos e pequenas empresas locais, e que incluso estivo a piques de perder parte do crédito por persistir na súa postura e incluír inicialmente facturas de grandes empresas que non entraban dentro das posibilidades que ofrecía a propia liña de crédito. Por iso demandan maior transparencia e diálogo nesta ocasión.

Desta volta a principal demanda que se fai ao Goberno Municipal é que ofreza toda a información, o que para os socialistas pasa por convocar unha xuntaza de portavoces. Nesta xuntanza deberíase trasladar aos diferentes grupos políticos tanto unha inicial lista de facturas e proveedores a incluír como as liñas mestras do Plan de axuste económico que ten que acompañar á solicitude.


Con respecto ao Plan de axuste que acompañará á solicitude, no que se ten que explicitar como o Concello vai plantexar as súas medidas económicas para poder devolver o crédito, os socialistas plantexarán que esto non pase por incrementar taxas e impostos aos veciños, nin por retirar servizos básicos. “Os socialistas, neste momento de dificultade económica, non imos consentir unha subida máis de taxas e impostos, o Sr. Fole, que mentíu na súa campaña dicindo que ía facer máis con menos e que non subiría as cargas ás familias, vén xa de aprobrar un subida de case o 7% no recibo do lixo, máis dun 15% na contribución e máis dun 300% na Escola de música”. Sinalou Tania García. “As medidas que se apliquen no Plan de axuste non poder irlle ao peto aos veciños, nin eliminar servizos municipais básicos, especialmente servizos sociais” Concluíu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario