Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

17/3/12

O GOBERNO DO PP DE VILAGARCÍA FAI UN USO IRRESPONSABLE DA AUGA

O Partido Socialista de Vilagarcía denuncia un uso irresponsable da auga por parte do Goberno Local nas labores municipais

Os membros do grupo municipal socialista solicitan ao goberno bipartito de dereitas que dea exemplo ante a cidadanía e non faga mal uso da auga regando as rúas en días de choiva
Os socialistas pídenlle a Tomás Fole que impulse medidas dende o Concello para paliar os efectos da sequía e que promovan un uso responsable



Vilagarcía de Arousa, 17 de marzo de 2012.- O Grupo municipal do PSdeG de Vilagarcía quere poñer de manifesto a mala xestión do Goberno Local do bipartito de dereitas IVIL-PP en materia medioambiental. Xa no último pleno a portavoz socialista, Tania García, instou aos responsables locais a facer un uso responsable da auga por parte dos servizos municipais ante a peor sequía dos últimos corenta anos: “pedísmolle ao Alcalde que tome as decisións para que non malgastasen a auga, baldeando con tanta frecuencia e despilfarrando auga innecesariamente”, valorou nesse último pleno. Fai máis dun mes, recordan os socialistas, un vehículo de Protección Civil estivo a gastar litros e litros de auga intentando lavar aceras no centro de cidade, concretamente algunha ao carón dun depósito de aceite, que rebosou grasa, só con auga a presión. Ese é un traballo, suliñan os socialistas, que require da profesionalidade da empresa de limpeza, non dos voluntarios, e  produtos e maquinaría apropiados. Toda esa auga malgastada non fixo nada, xa que a rúa quedou igual ou peor.

“Outro exemplo máis da irresponsabilidade deste goberno na xestión desta grave sequía viuse no día de hoxe, sábado, primeiro día que chove nun mes, e no que as máquinas do servizo de limpeza estaban a regar as rúas no mesmo momento”. Esta é unha responsabilidade directa do goberno, xa que a empresa adxudicataria do servizo de limpeza limítase a cumprir co seu contrato, é unha decisión política tomar a decisión de restrinxir o uso da auga.
Os socialistas tamén lle piden ao Alcalde “que non baldeen as rúas diariamente, xa que o Concello ten que ser o primeiro que debe dar a exemplo á cidadanía do eso responsable da auga, a e gravidade desta sequía así o require. Non se tomou ningún tipo de medida, a pesares de que fai máis dun mes o Presidente da Xunta alertaba da gravidade da situación”, manifestou hoxe Tania García finalmente.

Os socialistas tamén queren instar ao Goberno Local a poñer en marcha medidas de fomento do uso responsable da auga, e de prevención da sequía e as súas consecuencias. “Ante o elevado risco de incendios, o Concello ten que tomar medidas urxentes de limpeza e desbroce de camiños e pistas, e instar ás Mancomunidades de Montes e á Xunta de Galicia a poñer as medidas necesarias para a prevención de lumes”. Concluíu Tania García.

No hay comentarios:

Publicar un comentario