Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

19/3/12

O PSdeG de Vilagarcía califica de simbólica e carente de contido a xuntanza do Alcalde Tomás Fole co Presidente da Xunta pola ausencia de temas clave


Esixen aos dous representantes que aborden temas de interese para Vilagarcía en termos de sanidade e educación, principalmente.

Vilagarcía de Arousa, 19 de marzo de 2012.- Os socialistas de Vilagarcía valoran a xuntanza que terá mañá o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, co Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, como “simbólicia, carente de contidos ineficaz” segundo palabras da secretaria xeral en Vilagarcía e portavoz do grupo socialistas do Concello, Tania García.

Para os representantes socialistas a xuntanza, da que se informou que se incluirían como temas as verteduras na ría e a autovía a Pontevedra, temas importantes, por outra banda, debería de dar cabida tamén a outros temas fundamentais para Vilagarcía, e nos que a actuación da Xunta de Galicia é clave, como a demandada ampliación do Hospital do Salnés ou a construción dun novo centro de saúde. Estas cuestións do ámbito da saúde están a amosar o que hai tempo que os socialistas sinalaron en previsión da xestión do PP: “anuncian cada certo tempo un novo problema para a ampliación do Hospital e pretenden aparecer como salvadores pero, ao final, nada de nada e a cousa segue como está; no centro de saúde puxeron todas as pegas posibles, e ata chegaron a falar de consultorios diversificados, pero o tema deixou de estar en axenda e nos proxectos priotarios e non existe vontade de afrontar esas necesidades”.

Tamén deberían de incluírse nesta xuntanza os pasos necesarios a dar para mellorar as infraestruturas educativas de Vilagarcía, pois é imprescindible afrontar melloras en diversos centros da localidade como así están a demandar os corpos directivos, e que se fai urxente en centros como o Arealonga que é o que mais problemas estructurais presenta. Ademáis, resulta importante comezar a falar xa da construción dun novo centro educativo en Carril, como xa se ven demandando dende hai tempo.

Os socialistas instan ao Alcalde de Vilagarcía, a incluír estes temas prioritarios na xuntanza que mañá martes vai celebrar co Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario