Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

28/1/12

O CATASTRAZO DO GOBERNO DE TOMÁS FOLE

O Goberno de Tomás Fole prepara o “catastrazo”
O Goberno Municipal, en plena crise económica, pretende revisar o catastro para 2014 coa intención de “facer caixa” no ano previo ás vindeiras eleccións
A esta medida súmase a subida dun 15% no recibo de IBI en dous anos que aprobou o goberno de Rajoy

Vilagarcía de Arousa, 28 de xaneiro de 2012.- As recentes decisións do PP tanto dende o goberno central como no caso de Vilagarcía semellan estar sendo planificadas como un asalto fiscal aos aforros dos cidadáns. Despois da subida de impostos non anunciada polo PP, que tardou 6 días en desmentir as súas propias declaracións de campaña electoral, a dereita volve a tomar decisións que afectan directamente ao peto das familias. O Goberno do Estado vén de aprobar unha subida do Imposto de Bens e Inmobles de como mínimo un 15%.

Esta decisión ten como fin último que os alcaldes, hoxe mayoritariamente do PP, teñan fondos públicos para destiñar ao que teñan a vontade a costa dos aforros dos veciños. Esta é a solución que plantexa o PP en plena crise económica. En vez de facer unha mellor xestión con menos fondos, priorizar investimentos, deixar esperando aqueles gastos que non sexan necesarios e tomar decisións políticas que adiquen os esforzos económicos ás areas que realmente o necesiten, o PP opta porque sexan os cidadáns, as familias, as que paguen. “Os socialistas esperan e así defenderán que este incremento das arcas municipas repercutan nas familias da nosa localidade, especialmente naquelas que estean en situación de dificultade económica”

Realmente o que está detrás desta decisión e que os alcaldes, maioritariamente do PP, obteñan fondos para lucimento da súa xestión e para evitar ter que xestionar en épocas de dificultade. O ano próximo, tamén existirá unha subida do 5%, o cal garante outro incremento dos ingresos municipais a costa das tasas dos veciños. Cabe lembrar que en Vilagarcía, durante estes últimos anos cun goberno liderado polos socialistas, os veciños viron como as tasas se mantiveron conxeladas e non supuxeron un problema máis para os veciños nunha época tan difícil.

Revisión catastral en 2014
Pero o alcalde Tomás Fole, lonxe de facer xestións contra esta decsión, ou de tomar medidas que palien as dificultades que van ter os veciños para facer fronte a esta brusca subida, acompaña este incremento de tasas coa preparación dunha revisión do catastro para 2014. Esta revisión levará consigo, obviamente, que os veciños terán que pagar máis polo valor da súa vivenda xa que a última revisión é do ano 2000. A Ley do catastro recomenda revisar este índice cada dez anos, pero de non telo feito antes os socialistas consideramos que agora non é o momento máis apropiado para facelo xa que é cargar novamente sobre as familias a recaudación fiscal e así llo plantexarán no pleno do luns ao Goberno local. Ao respecto desta conxunción de decisións Tania García, reunida onte co seu equipo económico, declarou que “os gobernos socialistas priorizaron o investimento público, do Goberno cara os cidadáns, para manter a actividade económica de empresas e empregados. Este goberno do PP opta por sacudir o peto dos veciños para buscar cartos para os seus gobernos municipais durante un par de anos. E Fole, para resolver o final da súa lexislatura, prepara este catastrazo co que pretende que os vilagarciáns lle paguemos un último ano que adicará a facer campaña electoral”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario