Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

18/1/12

O PSdeG de Vilagarcía solicita ao concelleiro de Deportes que tome coñecimento real do que é a Fundación de Deportes e cómo funciona, para poder facer valoracións

As recentes declaración de Luis Garrigós amosan tal descoñecemento que nen sequera é consciente das aportacións que se lle están a facer.

Vilagarcía de Arousa, 17 de xaneiro de 2012.- O concelleiro de deportes de Vilagarcía, Luis Garrigós, ven de realizar algunhas declaración públicas nos últimos días, en resposta á alerta que os concelleiros do PSdeG fixeron sobre a regulación do funcionamento do Consello Consultivo, novo órgano que se porá en marcha na Fundación de Deportes. Sen embargo, semella que o concelleiro, ademáis de non aceptar ben as aportacións que se lle poidan facer, descoñece de tal maneira a FPSDM que está a facer valoracións erradas. Coa vontade de colaborar en que o área de deportes funcione correctamente dunha vez, os socialistas de Vilagarcía pretenden aclarar algún aspectos.

Por un lado xurden as críticas sobre o funcionamento actual da Fundación, dado que é absolutamente inexistente. Recoñecendo a lexitimidade total de facer un cambio de modelo, como sempre apuntaron os socialistas dende que o PP goberna en Vilagarcía, resulta natural asumir que mentres este cambio non se da procede formar, alomenos en funcións, os órganos existentes: Xunta Rectora e Consello de Xerencia (artigo 16 dos anteriores estatutos), que ademáis son quenes teñen que aprobar o cambio de modelo (disposición adicional oitava). De feito os nomeamentos que proceden ao Pleno Municipal foron feitos no seu momento, pero van 7 meses de goberno municipal do PP e non existiu ninguna xuntanza destes órganos, sen dar ninguna explicación aos seus representantes e aos representados. E non foron poucos os temas a tratar, pois a cuestión fundamental como os orzamentos, non foron tratados máis que polo propio concelleiro unipersoalmente. Non é posible desmarcarse agora deste razoamento, pois os feitos son os que son e o incumprimento das normas é o que é.

Por outro lado están apuntadas as valoracións que os socialistas fixeron aos novos estatutos, ante os que presentaron alegacións e suxerencias de mellora que achegaron ao concelleiro e ao Alcalde (con pouco éxito). Nos últimos días, coa difusión do regulamento de funcionamento do Consello Consultivo as argumentacións plantexadas foron respostadas polo concelleiro non nos temas cuestionados, senón noutros puntos. Sobre isto é preciso sinalar:
· Parece una aberración introducir, nun órgano consultivo que require da participación voluntariosa e desinteresada de todos os axentes sociais que participan no deporte, un réxime de sancións económicas. Irónico é, ademáis, que este réxime de sancións impoña multas pola non asistencia ás xuntanzas, cando se por algo é coñecido o actual concelleiro foi por faltar en  toda a anterior lexislatura a todas as reunións. Os socialistas insisten en que, de ter carácter retroactivo, Garrigós debería aproximadamente 8.000€ que estarían moi ben para resolver cuestión como as axudas a clubes que se rebaixaron este ano.
· O autobombo que o concelleiro se da sobre a suposta “independencia” do órgano consultivo resulta pasmosa. Ninguén puxo en dúbida este tema, pero o que si foi necesario foi insistirlle ao concelleiro que o Consello Consultivo non pode ser un órgano “caixón desastre” onde se deriven os temas difíciles, para que os clubes e entidades sexan quenes teñan que decidir sós e resolverlle a papeleta a Garrigós. Alomenos cabe formar una normativa flexible, integradora e que fomente a participación, non como a existente. E se de verdade o concelleiro pretende a participación e independencia máxima pode facer o que lle foi recomendado, dar paso ao Consello Reitor (único órgano executivo real da Fundación) a todas as entidades, e non facer deste un órgano filtrador con control absoluto do PP como agora.

En todo caso, dende o Partido Socialista queren sinalar que todas estas aportacións e ideas están feitas dende a vontade de aportar, e que queren dar a razón a Garrigós cando di que éstas son “puramente políticas”. A cuestión, segundo apuntan os representantes socialistas é que  son posturas políticas as que definen as posibilidades institucionais que se xeran para o ámbito deportivo, e o problema é que parece que o actual concelleiro non ten posición, nin política, nin persoal, e que non ten claro todavía despois de 7 meses de concelleiro cómo funciona a concellería. Se tivera acudido estes anos ás xuntanzas da FPSDM non estariamos nesta situación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario