Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

25/1/12

A deixadez do Goberno Local leva ás obras pendentes de finalización ao borde do fin dos prazos

Obras como o xardín de Ravella ou o parque da praia Compostela, así como a limpeza e mantemento da propia praia son actuacións que estiveron totalmente abandoadas ata hai poucos días

Vilagarcía de Arousa, 25 de xaneiro de 2012.- O Goberno Local de Vilagarcía amosa unha vez máis a súa deixadez ante as actuacións que se deben levar a cabo, e desta volta o exemplo está en obras que están todavía sen finalizar e cuxos prazos de remate están preto de esgotarse.

Despois de varios meses de goberno, e tras unha campaña electoral na que Tomás Fole prometeu que resolvería todas as situacións de maneira rápida e eficiente, a realidade é que todavía foi a semana pasada que comenzaron os traballos de limpeza na praia da Compostela despois de meses de abandono total e falta de mantemento. Pero no mesmo entorno, tamén os baños públicos do parque levan meses sen abrir e sen poder ser utilizados pola gran cantidade de xente que fai diariamente o traxecto Vilagarcía – Carril polo paseo marítimo.

Xa no centro de Vilagarcía, nos recentes días asistimos ao inicio no xardín de Ravella dos traballos encamiñados a finalizar, dunha vez por todas, a intervención feita neste xardín. Comprobamos durante os últimos meses que as únicas intervencións ordeadas nesta obra polo alcalde Tomás Fole foron colocar, no perímetro do parque, uns  bancos cuns respaldos incómodos que non gustan a ninguén, e ubicar unha árbore no lugar máis inapropiado para logo quitalo a golpe de titular da prensa.

Lamentablenente, a impresión que están a tomar os veciños é que o alcalde, responsable do área de urbanismo a decisión propia, non é quen de sacar adiante os temas é unicamente se traballa pola influencia dos titulares da prensa e baixo a presión de esgotarse os prazos das obras. A ver se agora, que alomenos está a coller o ritmo de facer as cousas, pódense finalizar dunha vez as actuacións que quedaron a piques de rematar no momento do cambio de Goberno, pero que máis de case oito meses despois seguen pendentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario