Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

11/1/12

O PSdeG de Vilagarcía solicitará a comparecencia da concelleira responsable da área de Benestar, Elena Suárez, e do concelleiro de seguridade cidadá, Ángel Benito Dorgambide.


Os socialistas pretenden esclarecer todo o relacionado co dramático suceso acontecido onte en Vilagarcía que costou a vida dunha muller
A solicitude ten como obxectivo coñecer tanto o operativo de intervención como o coñecemento e protocolos levados a cabo referentes ao caso particular desta cidadá

Vilagarcía de Arousa, 11 de xaneiro de 2012.- O grupo socialista no Concello de Vilagarcía solicitará a dobre comparecencia no vindeiro Pleno Municipal da concelleira Elena Suárez, responsable da área de benestar, e de Ángel Benito Dorgambide, responsable de seguridade cidadá, co fin de coñecer exactamente a situación previa e a intervención no suceso ocorrido en Vilagarcía onte no que faleceu unha muller por mor dun incendio.

Os socialistas pretenden saber o coñecemento que o área de servizos sociais tiña da situación pola que atravesaba a muller tristemente falecida no suceso, así como os protocolos de actuación e/ou intervencións levadas a cabo referente a este caso. Neste sentido, os representantes do PSdeG pretenden esclarecer a situación dos trámites realizados para unha posible incapacitación e posterior tutela, e da situación clínica desta persoa. Dado que a propia concelleira expresou, a raíz do suceso, que o departamento que dirixe coñecía a situación difícil desta muller, parece necesario saber se os procedimentos requeridos foron levados a cabo en tempos e formas que marcan os protocolos de actuación.

Por outra banda, ante unha situación de tal importancia, os socialistas consideran importante coñecer o funcionamento da intervención, a coordinación entre os diferentes corpos de seguridade e os seus membros e as conclusións que o concelleiro responsable tirou desta intervención. Asemesmo, convén aclarar se houbo comunicación entre estes departamentos e corpos de seguridade e o devandito área de servizos sociais, pois xa foi coñecido que a muller consultaba e contactaba moi frecuentemente coa Policía Local, co que resulta de interese saber de posibles intercambios de información entre departamentos.

1 comentario:

  1. coordinacion ningunha menos proteccion civil e mais profesionais que para eso temos aos BOMBEIROS NONHAY CONCELLO Q TEÑA TRES SERVIZOS DE EMERXENCIAS PARA Q LOGO DIGASE Q NON HAY CARTOS

    ResponderEliminar