Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

8/1/12

O PSdeG de Vilagarcía insiste no erro de xestión do Goberno local que supón a asunción de Fexdega por parte do Concello de Vilagarcía


Os socialistas preguntan por que a Cámara de Comercio terá 3 representantes no Padroado da Fundación cando o Concello vai designa cinco
Para asunir Fexdega, o Alcalde Tomás Fole tomou decisións que fixeron perder 4 postos de traballo e que cargarán ao Concello un gasto inasunible

Vilagarcía de Arousa, 7 de xaneiro de 2012.-  O PSdeG de Vilagarcía comproba como cada día o proceso de asunción de Fexdega por parte do Concello de Vilagarcía está a tomar camiños mais enrevesados e pouco esclarecedores.

En primeiro lugar o Concello, xa neste momento en que oficialmente o Concello toma as riendas da Fundación, esto supón un pago de máis de 50.000€ para as arcas municipais. Este dato, acompañado dos máis de 200.000€ anuais que custa ata o de agora o mantemento das instalacións de Fexdega previamente xa a calquera actividade, supoñen unha losa pesadísima para os fondos vilagarciáns. Para os socialistas resulta difícil de explicar que o Alcalde poña todo o seu esforzo en transmitir aos cidadáns as dificultades económicas do Concello, coa intención de xustificar a súa nula xestión, pero decida investir unha cantidade tan grande de fondos municipais neste proxecto despois de tomar decisións sobre os orzamentos que fan perigar o tecido asociativo local e as entidades sociais poñendo en risco servizos vitais como albergue municipal de Cruz Vermella. Tania García, secretaria xeral dos socialistas de Vilagarcía e menbro do Padroado, incidíu en que “o sorprendente é comprobar as prioridades de Tomás Fole. Menos servizos, especialmente servizos sociais, pero faise todo o investimento preciso para destruír postos de traballo, desmantelar o funcionamento de Fexdega e asumir o gasto que non quixeron outras administracións con máis recursos, como a Xunta de Galicia.

Outras das cuestións que para os socialistas son dignas de mención fai referencia á composición do novo Padroado. A Cámara de Comercio de Vilagarcía pasará a ter tres representantes, o cal non deixa de ser dificilmente inexplicable xa que esta entidade non fai ninguna aportación económica  e non hai ningunha explicación razoable para que pase a ter tanto peso no Padroado da Fundación cando o Concello que vai asumir toda a xestión e o gasto dispón de cinco representantes.
Por último, Tania García quixo sinalar o proceso incosistente e atropelado polo que o Concello asumíu esta xerencia de Fexdega, xa que “entregáronnos a proposta definitiva de estatutos apenas unhas horas antes de ter que debatilos, e tenos nula información sobre o seu proceso para ser levado ao Pleno Municipal”. Para García, “esta desfeita de xestión, que non é máis que a satisfacción dun capricho de Fole e Garrigós que van facer de Fexdega o pavillón máis caro da Historia”, e puxo en dúbida “a viabilidade dun proxecto que xa sabenos que no ano 2012 vai ter serias complicacións de datas e de combinación de ferias e o uso deportivo que se quere dar ao recinto”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario