O grupo municipal
socialista presentou alegacións, que foron aceptadas, pero que logo non foron
publicadas na publicación oficial do BOP
Tania García
socilita a Fole que convoque unha xuntanza, “canto antes”, para “facer as
cousas ben”.
Vilagarcía de
Arousa, 11 de maio de 2013.- Dende
o PSdeG de Vilagarcía quixeron recordar hoxe que o Goberno Local aplica a
ordenanza de circulación, a pesares de ter recoñecido que a súa publicación foi
errónea e que faltaban cuestións que introducir na redacción. Dende o grupo
municipal dos socialistas fixeron fincapé nas alegacións propostas á dita
ordenanza, que presentaron dende as filas socialistas, que aínda sendo
aceptadas polo Goberno Local logo non foron incluidas na publicación do texto
no Boletín Oficial da Provincia “Presentar unha ordenanza, que un grupo alegue
para enmendala, aceptar as enmendas e logo non incluiías é un exercicio de
despotismo ou de extrema inutilidade”, dixo hoxe Tania García para expoñer unha
situación de “descontrol e incapacidade tal que chegamos a estes extremos de
publicar ordenanzas sen modificar cando hai un acordo para facelo”. De entre as
alegacións presentadas que non foron incluídas a pesares de ser aceptadas, os
socialistas destacan a vixencia por dous anos da tarxeta de residente, o texto
publicado só recolle un ano e a posibilidade de que a tarxeta non sexa expedida
só ao propietario do vehículo, dado que é moi habitual que nunha vivenda un
mesmo vehículo sexa utilizado por varios persoas.
Dende o PSdeG non deixan de apuntar, igualmente, que vretire
a medida do cobro de 10€ pola Tarxeta de residente, cuestión sobre a que os
socialistas xa votaron en contra no seu momento e que consideran “un abuso”.
Piden ao Alcalde que retire este novo gravamen para os veciños, que non se
aplica en cidades coma Vigo, Santiago e Pontevedra.
A voceira socialista no Concello, Tania García, considera
necesaria unha xuntanza de portavoces, con representantes veciñais e dos
comerciantes, para tentar de acadar unha ordenanza de circulación co maior
consenso posible. Destaca García que “o Alcalde vai dicindo sempre que intenta
sacar adiante as súas propostas con diálogo e acordo, presume ante os
colectivos de que vai facer moitas xuntana, e ao final non é capaz nin de
publicar unha ordenanza correctamente nin de convocar esas xuntanzas que
anuncia”. Confían dende o PSdeG en que o Goberno Local “sexa permeable ás
demandas veciñais tan clamorosas”, e se poidan modificar todos os aspectos polémicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario