Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

2/5/10

Convocatoria Asembleas Ordinaria e Extraordinaria

ASEMBLEA ORDINARIA

Data: Venres, 14 de maio de 2010

Hora: 20.00h en primeira convocatoria

         20.30h en segunda convocatoria

Lugar: Sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía

ORDE DO DÍA

   1. Constitución da Asemblea e elección da mesa
   2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior
   3. Informe de xestión da Comisión Executiva Municipal
   4. Rogos e preguntas

-------------x----------------x-----------------x-----------------x-----------------x----------

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

A continuación da asemblea ordinaria previamente convocada

ORDE DO DÍA

   1. Constitución da Asemblea e elección da mesa
   2. Conferencia Política do PSdeG e debate de enmendas ao documento base*
   3. Elección de delegados para a conferencia política**

* O documento base para a conferencia politica estará a disposición dos militantes na web www.conferenciapolitica.com ou chamando aos teléfonos 615 090 693//696 725 525//626 703 527

**O número de delegados que corresponden á agrupación municipal de Vilagarcía é de 14. A súa elección seguirá o procedemento habitual. O prazo límite de presentación de candidaturas fíxase no xoves 13 de maio ás 20.30h na sede do partido ou nos teléfonos 615 090 693//696 725 525//626 703 527.

Conferencia Política do PSdeG

El Partido Socialista de Galicia celebrará, el 12 y 12 de junio, en el Palacio de Congresos de Santiago, su Conferencia Política, destinada al debate de ideas y argumentos en los distintos temas para definir la perspectiva socialista sobre los temas de interés para Galicia.

Todos los militantes de Galicia tendrán voz en la convención prevista, pues en todas las agrupaciones se realizarán asambleas extraordinarias para debatir el documento base y las aportaciones que cada militante desee realizar. Todas estas cuestiones servirán para que los delegados que cada agrupación escoja para representarles en la conferencia, trabajen en los distintos foros para sumar conjuntamente en los argumentos de PSdeG de la actualidad.

Las ponencias sectoriales, y las personas encargadas de su coordinación en esta conferencia política, serán:

1. Unha Galicia de seu.
Coordinadora: Margarita Pérez Herráiz
- Área que trata sobre o Estatuto de Autonomía, a Administración Autonómica e a Transparencia e os medios públicos de comunicación social
2. Unha Galicia consciente da súa diferencia
Coordinador: Guillermo Meijón Couselo
- Área relacionada co Galeguismo e a identidade, a Cultura a Educación e a Galicia Exterior.
3. Unha Galicia creadora, competitiva e sostible. “Feito en Galicia”.
- Coordinador: Xoaquín Fernández Leiceaga
Área relativa á Economía e o emprego, as novas tecnoloxías a universidade e a investigación
4. Unha Galicia que está coa súa xente.
- Coordinadora: Beatriz Sestayo Doce.
Área sobre as Políticas redistributivas e Estado do Benestar, a Xuventude, a Vivenda e as políticas de Igualdade
5. Unha Galicia comunicada e non ferida.
Coordinadora: Paula Fernández
- Área relativa ás Infraestruturas e os transportes
6. Unha Galicia presente no territorio (rede de Concellos).
Coordinadora: Mar Barcón Sánchez.
- Área que trata sobre o municipalismo e o Urbanismo
7. Unha Galicia que se recoñece na paisaxe.
- Coordinadora: Carmen Gallego Calvar.
Área relativa ao Medio Ambiente e á Ordenación e Protección do Territorio
8. E TI, Unha Galicia na que estés ti.
- Coordinador: Pablo García García
Área sobre o Partido.


Para más información, el PSdeG ha creado la página web: www.conferenciapolitica.com.

28/4/10

Inauguración da rehabilitación da finca e casa de Carús

Foto: José Luiz Oubiña
Fuente: Faro de Vigo 

A mañá do pasado domingo día 25 de abril serviu para inaugurar a recuparación e reforma da casa e finca de Carús, na parroquia de Trabanca Badiña, unha das principais obras levadas a cabo cos fondos do Plan E impulsado polo goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.

A casa da familia Carús construiuse no ano 1910, ano no que precisamente finou o científico Roque Falcón Carús, da familia propietaria da casa e da finca. Agora este espacio está aberto para sempre para disfrute dos veciños de Vilagarcía en xeral e de Trabanca Badiña en particular.

A reforma da casa da familia Carús permitirá agora habilitala como Casa da Memoria, e recollerá departamentos municipais como o Arquivo Municipal e outros destinados á acollida e xestión de fondos históricos, bibliográficos ou musicais.

21/4/10

Comunicado de Prensa. Centro de saúde V.

O PP intenta calar o debate sobre o novo centro de saúde
Os socialistas creen que tras esta actitude atópase a decisión de non dotar a Vilagarcía dos recursos sanitarios que necesita.

Vilagarcía de Arousa, 18 de abril de 2010.- O candente debate sobre a construción dun necesario centro de saúde en Vilagarcía está a esperar pola opinión pública do PP da nosa vila, que mantén un silencio impropio dunha formación política que ten que dar resposta ante as inquedanzas dos veciños.

O Partido Socialista sostén unha opinión clara ao respecto, defendendo que é necesario para Vilagarcía un centro de saúde novo de referencia, coa dotación dos recursos necesarios para unha óptima calidade asistencial. Ademais, o PSdeG defende que a localización idónea son os terreos da antiga Comandancia de Marina xa que reúnen características ideais como a súa centralidade, accesibilidade a outros servicios, posibilidades de aparcamento e de transporte público moi próximas.

Sen embargo, e a pesares de representar ao partido que ten responsabilidades de Goberno na Xunta de Galicia, no PP de Vilagarcía seguen agochados e dando a calada por resposta. Probablemente esto signifique, polo tanto, que o temor de que o que quere o PP é que non se fale deste tema para poder dar unha solución difuminada e que non este á altura, pode estar máis cerca de facerse realidade.

Dende o PSdeG de Vilagarcía solicitamos ao PP local, e particularmente ao seu presidente local Tomás Fole, que dunha vez deixe clara a súa postura sobre se existe a vontade real de contruir un centro de saúde de calidade en Vilagarcía ou non. Quizáis resulte que a coñecida débil posición política de Tomás Fole dentro do propio PP non lle permita dar unha opinión de compromiso cos vilagarciáns, e prefira manterse apegado ás decisións dos seus dirixentes aínda que estas choquen frontalmente coas necesidades da nosa vila. A pesares de todo, en caso de facelo, o PP tería que explicar por qué non lle serven como válidos os terreos da antiga Comandancia, gratuitos e xa a disposición da Consellería de Sanidade, ou se considera que é mellor emprender novas negociacións e posibles gastos para o Concello de Vilagarcía embarcándose en novos terreos que non reunisen boas condicións.

O Partido Socialista, dende a súa defensa firme e inflexible dunha sanidade pública de calidade, segue a manterse na mesma postura que ven defendendo e confía que se teña en conta a opinión de Vilagarcía e non a dos que a queren olvidar.


Saúdos
Comisión Executiva Municipal

13/4/10

14 de abril, día da República

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Vilagarcía, organizou un acto de homenaxe á II República e de recordo ás vitimas do alzamento franquista, no que contamos coa presenza da nosa Alcaldesa, Dolores García.

No acto estiveron presentes moitos compañeiros e cidadáns que manifestarn o seu sentir republicano, e rematou cunha ofrenda floral ao monumento Rosas Rotas, no parque Miguel Hernández, no que o partido, representado pola Secretaria Xeral Tania García, a Alcaldesa Dolores García, e Rosina Villaverder, filla do último alcalde republicano de Vilagarcía Elpidio Villaverde, depositou un ramo de flores aos pes dos nomes grabados na escultura. Asemes, participaron moitas persoas que depositaron as súas rosas no mesmo lugar.

O PSdeG, ademáis, fixo público un manifesto con motivo da conmemoración deste 14 de abril:


Hoxe, día 14 de abril, todos os que compartimos un sentimento republicano conmemoramos aquel día de 1931 no que se instaurou a II República Española.

Foi aquela unha etapa de progreso, de avance social, de apoio á democracia e aposta por un modelo de sociedade que os socialistas recordamos hoxe. Pero a II República foi truncada, sen embargo, con un vil e infame golpe de estado fascista, que meteu a este país na cruenta e vil Guerra Civil.

Hoxe, aquí diante desta escultura erixida para manter presente a dignidade dos que morreron pola liberdade, e na honra dunha vontade democrática que foi atacada polos que traizoaron a este país e ás súas xentes, proclamamos ben alto a nosa repulsa por aquel levantamento militar miserable e a nosa defensa dos valores da democracia.

Este non é un acto contra ninguén, como aprendemos do respeto pola pluralidade daquela II República pero, como escribiu Mario Benedetti, hai que ter coidado “cos ruíns do pasado, e tamén cos sabios granuxas do presente”. Nestes tempos nos que este país pretende resolver débedas morais históricas, que xa hai tempo que tiñan que ter sido resoltas, aparecen xuíces e políticos que pretenden amparar a quenes foron agresores e dar a espalda a quenes foron víctimas e ás súas familias. Dende o simbolismo e recordo que evoca esta escultura, os socialistas manifestamos a nosa firme vontade de seguir loitando pola dignidade daqueles que pretenderon ser olvidados forzosamente, e de manternos firmes ante os que pretenden ocultar o seu propio pasado.

En defensa da dignidade daquelas víctimas pola defensa da República, da democracia, da xustiza e do progreso que encarnou aquela etapa, confiamos en que máis pronto que tarde sexa posible de novo.

Comunicado de Prensa. Centro de Saúde IV

Os socialistas pídenlle ao PP de Vilagarcía que se posicione dunha vez sobre a ubicación do novo centro de saúde.
Os socialistas defenden a construcción do centro na antiga Comandancia.

Vilagarcía de Arousa, 9 de abril de 2010.- O Partido Socialista de Vilagarcía quere mostrar a súa satisfacción polos avances que se están a producir con respecto ao novo centro de saúde para Vilagarcía, en referencia á aprobación nestes últimos días da proposición non de lei no Parlamento de Galicia en favor da construcción desta instalación.

Esta proposición non de lei, impulsada polo Grupo Parlamentario Socialista, recolle a fórmula que ven sendo defendida polos socialistas en todos os ámbitos. Neste sentido, dende esta formación política quérese insistir na proposta firme de que se constrúa o centro de saúde nos terreos da antiga Comandancia de Marina, como así quedou encamiñado na etapa do anterior goberno autonómico. Esta localización recolle as mellores características posibles ao respecto, como son a centralidade, a accesibilidade, os servicios, o aparcamento e todas as facilidades posibles con respecto a outras localizacións.

A este respecto, a secretaria xeral dos socialistas de Vilagarcía, Tania García, manifestou que “o PP, e particularmente o seu presidente local Tomás Fole, teñen que dar explicacións sobre cal é a súa postura real. Non é válido xa tentar de xogar ao escondite e pretender buscar excusas para non construir un centro de saúde de referencia, coa calidade merecida para os vilagarciáns. Os veciños xa saben a postura do Partido Socialista, que é continuar co proceso iniciado polas distintas administracións, nas etapas que foron dirixidas polos socialistas, para construir o centro de saúde nos terreos da antiga Comandancia. ¿Cal é a postura do PP? ¿Por qué non consideran válida a opción plantexada da Comandancia?”.

O Partido Socialista mantén, de maneira firme, a súa postura inicial, e confía en que as distintas administracións implicadas dean pasos para achegarse ao obxectivo final. Para esto os socialistas non creen que sexa positivo fomentar debates sen sentido, e enfrontamentos localistas innecesarios. O que é necesario é apostar de verdade por unha sanidade pública de calidade. Os vilagarciáns merecen unha defensa firme dos seus dereitos, e o novo centro de saúde é unha necesidade que Vilagarcía demanda e que o Partido Socialista apoia. Espérase, desde esta formación política, que o PP abandone a súa estratexia de distracción e enredo e se sume ás accións positivas que queren os veciños.

7/4/10

Visita de Manuel "Pachi" Vázquez a Vilagarcía

Este xoves día 8 de abril, ás 20h., visitará a sede do Partido Socialista en Vilagarcía o Secretario Xeral do PSdeG, Manuel "Pachi" Vázquez.

A visita a Vilagarcía do secretario xeral ten como obxectivo coñecer de primeira man as súas valoracións sobre a situación política actual de Galicia, así como estar á disposición dos militantes para poder debatir sobre os temas de interese.

Esperamos a presencia na sede de todos os que desexades acudir.