Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

30/6/10

CHARLA-COLOQUIO

Venres 02 de xullo ás 20h:30
Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa

CHARLA-COLOQUIO SOBRE ACTUALIDADE POLÍTICA E ECONÓMICA

INTERVEÑEN

Modesto Pose
  (Secretario Xeral Provincial) 
e
 Carmela Silva 
(Portavoz do Grupo Socialista do Senado).

26/6/10

Comunicado de prensa: Inauguración circunvalación sur

O PsdeG-PSOE de Vilagarcía celebra a culminación da circunvalación de Vilagarcía
O vial de enlace do Porto coa AP9 contribuirá a potenciar economicamente Vilagarcía e ao modelo dunha cidade para as persoas que promovemos os socialistas

Vilagarcía de Arousa, 26 de xuño de 2010.- A inauguración onte, a cargo do Ministro de Fomento Pepe Blanco, do vial de enlace do Porto de Vilagarcía coa AP-9 completa unha das necesidades fundamentais da nosa cidade e de toda a comarca en materia de infraestruturas. O cinturón vial que agora forman este novo tramo, a chamada circunvalación sur que parte do Porto ata a rotonda de Godos, e a circunvalación norte que une ese mesmo punto con Carril, forman un ansiado cordón viario que dotará a Vilagarcía dunha eficaz ferramenta tanto para mellorar a calidade de vida pola mellor circulación de tráfico de automóbiles, como para dar maior servicio ao tráfico de mercancías con destino ao Porto. Esta obra xa en funcionamento tivo un costo de 54 millóns de euros, que se enmarcan dentro dos 1.500 millóns que o Goberno de España destinou en investimentos a Galicia no último ano.

De maneira especial, os socialistas queremos agradecer a presenza onte do Ministro de Fomento na inauguración desta infraestrutura. Nestes días moi difíciles a causa do tráxico suceso ocorrido en Casteldefells que nos sobrecolleu a todos, e dada a implicación directa do Ministerio de Fomento, queremos destacar que o Ministro mantivera entre as súas prioridades a visita á nosa comarca. O compromiso amosado con Arousa, de especial aprecio para Pepe Blanco como é xa coñecido, plásmase neste momento como un xesto que dende a nosa formación política consideramos digno de mención.

Por contra, os socialistas de Vilagarcía estimamos que a actuación protagonizada polo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non estivo á altura das circunstancias. Non o estivo organizando un acto innecesario e sen sentido o día anterior, para inaugurar unha obra xa en funcionamento para a que o seu período de xestión soamente supuxo o remate dun proxecto xa en marcha. Tampouco o estivo, para culminar o despropósito, cun discurso fóra de lugar no acto de onte, que tivo unha evidente mala acollida entre os presentes. Dende o Partido Socialista consideramos que os investimentos non deben ser tidos en conta coma medallas ou méritos persoais, senón coma servizos para os cidadáns. Pero xa é relevante que o señor Hernández tente lembrar ao ex-Ministro Álvarez Cascos na inauguración da circunvalación, pois precisamente este é o símbolo e o culmen do intencionado olvido ao que se viu sometida esta comarca, e Vilagarcía en particular, co mandato dalgúns xestores que miraron para outro lado ante as demandas que clamaban ao ceo.
Os socialistas queremos resaltar, en definitiva, a importancia vital desta obra xa rematada e que ofrece, dende xa mesmo, o servizo necesario que os cidadáns solicitaron durante tanto tempo. Ademáis queremos sinalar os compromisos cumpridos coa nosa cidade, debido a unha xestión pensada para as persoas e para as necesidades reais. Por último, confiamos en que os cargos de responsabilidade saiban estar á altura das circunstancias, e instamos ao conselleiro Hernández a fixarse no models de quen cumpre promesas, non fai lecturas partidistas e sabe comportarse á altura das súas responsabilidades.

24/6/10

Inauguración da Circunvalación Sur

Mañá venres, día 25 de xuño, inaugurarase en Vilagarcía o vial de enlace do Porto coa AP-9, a coñecida como Circunvalación Sur. O acto desenvolverase na rotonda de Godos (pasando o Hotel Ciprés) as 16.30h, e contará coa presencia da alcaldesa de Vilagarcía e o Ministro de Fomento Pepe Blanco.

Este vial de enlace, que se estima que reducirá notablemente a circulación dentro do casco urbano de Vilagarcía (principalmente tráfico pesado e de carga das actividades portuarias), é unha das grandes necesidades demandadas polos vilagarciáns dende hai moitos anos. A presencia dun goberno socialista en Madrid, e o impulso dado polo anterior goberno da Xunta presidido por Emilio Pérez Touriño, fixeron posible esta infraestructura que gobernos anteriores, no Estado e na Xunta, non afrontaron.

Todos os cidadáns, veciños de Vilagarcía ou dos Concellos da comarca, están invitados a participar desta inauguración.

16/6/10

Conclusións da Conferencia Política do PSdeG

A delegación de Vilagarcía participou activamente na Conferencia Política do PSdeG.

A actividade da delegación de Vilagarcía na conferencia foi moi satisfactoria para os representantes alí presentes. Todas as comisións de traballo da conferencia contaron con presenza de varios membros de Vilagarcía, que participaron no debate e votación das enmendas e do documento político. Cabe destacar a presentación das enmendas da agrupación de Vilagarcía, que foron debatidas na comisión 8, e que a nosa delegación conseguiu sacar adiante en todos os casos tras o debate oportuno.

Ademáis, a secretaria xeral Tania García presidiu a comisión 3, centrada nos temas económicos e de sectores productivos, que contou como ponente co portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga.

Ademais da presencia de todos os delegados, que compartiron un fin de semana de intenso traballo nun gran ambiente conxunto e con un traballo interno moi fluído, cabe destacar a presenza de varios militantes que acudiron ao Palacio de Congresos de Santiago en calidade de invitados, e que participaron do plenario da conferencia co resto da delegación.


O plenario da Conferencia aprobou por asentimento as conclusións presentadas polos ponentes das distintas comisións de traballo, que ofreceron as liñas mestras de cada un dos debates sectoriais. Con esto, o PSdeG renova o seu plantexamento e sitúase na vangarda do debate político e preparado xa para a vindeira etapa electoral que se aproxima coas eleccións municipais de 2011.

10/6/10

Comunicado: Centro Comercial de San Miguel de Deiro II

O PSdeG considera necesario que o PP se manifeste sobre o centro comercial de Deiro
O Partido Socialista amosa o seu respaldo ao Consorcio do Comercio do Salnés, e ofrece a súa colaboración.

Dende o Partido Socialista consideramos necesario un debate público e veraz sobre o proxecto da construción dun centro comercial en San Miguel de Deiro, que promove o alcalde de Vilanova Gonzalo Durán. Como xa manifestamos días atrás, cremos que a consumación deste proxecto provocaría serios problemas para o comercio local tanto de Vilagarcía como do resto da comarca, o cal parece impensable en calquera momento e todavía menos no actual.

Nas últimas datas estase a comprobar a oposición frontal do Consorcio do Comercio do Salnés, voz absolutamente lexitimada que está a mostrar a súa firme postura sobre este proxecto, defendendo os intereses do pequeño comercio en Arousa. Como todos sabemos, este sector ten unha importancia fundamental no desenrolo económico da comarca, e a atención que se lle debe prestar é prioritaria. As previsións feitas polo Consorcio sobre a repercursión que un centro comercial tería en canto ao empleo, resultan escalofriantes e obríganos a todos a buscar a mellor solución posible.

O Partido Socialista, como xa mantén no seu programa político, considera que os centros comerciais son proxectos que deben de entrelazarse co pequeño comercio local para favorecerse uns aos outros, e nunca surxir como opcións de confrontación. Segundo a nosa visión, un dos temas fundamentais é a súa ubicación, pois as grandes superficies poden contribuir a progresar da man do pequeño comercio cando se ubican dentro das poboacións. Polo contrario, o seu impacto é tremendamente negativo cando, como neste caso, se instalan totalmente desubicadas, pois se converten en competición contra os comerciantes locais.

Consideramos que é necesario un debate público, que implique aos axentes comarcais. Dende a nosa formación mantemos unha postura clara, que xa defendemos no seu día ante os anteriores intentos do señor Durán de levar a cabo este proxecto,, que ademáis estaban acompañados das mesmas dudas urbanísticas que hoxe en día existen igualmente, e que tamén se plasmou ante a posibilidade dunha superficie deste estilo na nosa población, en Ande. Tamén recordamos a postura que o PP mantivo sempre, favorecendo aos grandes e olvidándose dos pequenos. Instamos ao PP de Vilagarcía a que deixe de lado outros problemas que o manteñen demasiado ocupado, e que manifeste a súa postura ao respecto dunha situación que preocupa de verdade aos comerciantes da nosa cidade. Asemesmo, esperamos que as institucións correspondentes, o Concello de Vilanova e a Xunta, teñan en conta ao Consorcio do Comercio do Salnés. A este respecto, o Partido Socialista amosa o seu total respaldo a esta entidade e ofrece a súa total colaboración neste xusta e necesaria reivindicación.

27/5/10

Comunicado: Centro comercial de San Miguel de Deiro

O PP volve a atacar ao comercio arousán reiniciando a idea da construcción dun centro comercial en San Miguel
O proxecto xenerou moita problemática anos atrás, e agora retómase sen clarificar a nova situación

Vilagarcía de Arousa, 24 de maio de 2010.- O Goberno Municipal de Vilanova está a recuperar un vello, e moi discutible proxecto, de impulsar a construcción dun centro comercial en Vilanova que dende o Partido Socialista de Vilagarcía consideramos que merece unha reflexión, por ser unha cuestión que afecta aos veciños de toda Arousa e para tentar de evitar un grave perxuicio contra diversos intereses económicos de toda a comarca, principalmente dos comerciantes destes concellos. Dous temas subxacen a este debate, por un lado o urbanístico e por outro as decisións en materia de comercio.

En primeiro lugar cabe lembrar que o proxecto que o señor Gonzalo Durán presenta agora xa ven cargado de moitas dúbidas, lagunas escuras e avisos dende hai anos. Os terreos onde se pretende que se ubique o centro comercial foron comprados aos seus antigos propietarios indicando que serían para a instalación de invernaderos, cuestión que mudou en canto os terreos foron vendidos declarándose entón éstos como urbanizables. Esta conversión xa veu acompañada no seu momento dunha advertencia da Consellería de Política Territorial, que indicou que esto non estaba ben xustificado na anterior proposta do PXOM. É natural, por tanto, pensar que esta enorme plusvalía xenerada a partir deses cambios debería de ser vixiada e clarificada por parte do sr. Alcalde para evitar malas interpretacións sobre temas urbanísticos.

Nun segundo punto, e como aspecto que inflúe de modo determinante no resto da comarca, o señor Durán parece non ter en conta a importancia vital do pequeno comercio en Vilanova, Vilagarcía, Cambados e todos os concellos aos que a construcción deste centro comercial vai afectar. Nin a postura en contra do Consorcio do Comercio parece ser de interese para un Gonzalo Durán que non semella ter intención de dialogar as grandes decisións. Para máis enredo no asunto o señor J.J. Durán, bo representante en Vilanova da Deputación de Pontevedra, concelleiro do PP nesa vila e irmán do alcalde, bota balóns fora e non se presenta no pleno da corporación no que se debate o tema, aproveitando logo para contradecir ao seu alcalde dicindo que comprende a preocupación do sector do comercio. Eso sí, a pesares desa comprensión aínda non se sabe a súa postura sobre o tema.

Xa en Vilagarcía lembramos que o PP estivo a favor da construcción dun centro de similares características en Ande, que tamén poría en perigo a situación do comercio e que non foi impulsado polo Goberno Municipal en beneficio do tecido empresarial local. Agora, con un proxecto que acumula tantos problemas como anos de intentos de imposicións, o PP volver a intentar unha puñalada aos comerciantes. Vendo a postura recente da Conselleira do Mar sobre o mexilón galego, e o constante ataque sobre o comercio, cabe pensar que ao PP interésalle máis o de fora que o de casa, e o grande frente o pequeno.

17/5/10

Vilagarcía na Conferencia Política

A asemblea do PSdeG de Vilagarcía, reunida o pasado venres 14, elixiu aos delegados que representarán a esta agrupación na Conferencia Política do Partido Socialista de Galicia, a celebrar os días 12 e 13 de xuño no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.



Tomarán parte de modo directo na conferencia do partido todos os membros da Comisión Executiva Nacional Galega e do Comité Nacional. No caso de Vilagarcía estas persoas son Modesto Pose (CENG) e Dolores García, Lino Mouriño, Carlos Berride e Francisco Muñiz (CN). Segundo o número de afiliados, a nosa agrupación dispón de 14 delegados, que foron elixidos este venres, e que son:

Tania García, Álvaro Carou, Victoria Hierro, Marcelino Abuín, José Membrives, Dolores Couso, Susana Camiño, Juan Antonio Pérez Callón, Adriana Vidal, Julio Torrado, María José González, Diego García, María Araújo y Silvia Rubianes.

Ademáis da representación de delegados, a asemblea de Vilagarcía debatiu e valorou as enmendas propostas sobre o documento político que se debatirá en Santiago.

Toda a información da Conferencia Política, incluído este documento base, pode atoparse na web que o PSdeG ten aberta www.conferenciapolitica.com