Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

3/6/12

O Goberno Municipal de Vilagarcía cobra case un 7% máis de taxa de limpeza mentras os veciños perciben que a cidade está cada vez máis sucia


A suba da tasa supón un aumento de ingresos para o Concello de máis 220.000€ que non se están a percibir en eficiencia.


Vilagarcía de Arousa, 2 de xuño de 2012.- O grupo socialista no Concello de Vilagarcía quere manifestar a constante recepción de advertencias dos veciños e veciñas sobre o que consideran unha notoria perda de limpeza nas rúas da vila. As queixas constatan unha percepción de rúas máis descuidadas, especialmente nas rúas peonís do centro da cidade, e un aumento considerable de maleza sen control en diversos camiños e rúas de diferentes parroquias. O rural está abandonado na súa conservación. Ao respecto deste último punto, os socialistas realizaron as visitas pertinentes e comprobaron in situ a realidade das queixas, como se pode ver nas fotos enviadas anexas.

Esta situación resulta especialmente difícil de comprender xa que os veciños e veciñas de Vilagarcía sofren unha suba da taxa de limpeza dun 6,7%. Este incremento, en cómputo global, supón unha recadación de 220,368€ para o Concello, máis de 36´5 millóns das antigas pesetas. Os socialistas consideran que é necesaria unha explicación real do Goberno Municipal de Vilagarcía sobre a falta de xestión na limpeza da cidade, e por que cando os veciños máis pagan por este servicio é cando consideran que está a funcionar peor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario