Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

5/6/12


Os socialistas consideran un erro que no inicio de xuño a praia de Compostela está todavía comezando a ser acondicionada para a epoca estival

A portavoz do grupo, Tania García, pregúntase se esta é “a aposta decidida pola praia que prometeu Tomás Fole”
Pídenlle ao Goberno local que se deixe de ideas peregrinas e aposte por proxectos serios para a praia

Vilagarcía de Arousa, 4 de xuño de 2012.- Coa temporada de verán entrando xa no calendario, e ante a necesidade de aproveitar ao máximo as oportunidades de promoción económica que supón o turismo para Vilagarcía, o Partido Socialista considera que está moi retrasado o acondicionamento necesario para a praia de Concha-Compostela e o seu contorno.

O Goberno Municipal vén de anunciar, nos últimos días, a intervención no areal principal da cidade con traballos de nivelación da pendente da zona de baño. Esta actuación, anunciada nos primeiros días de xuño, é, para os socialistas, un erro de planificación, xa que estas accións deberían ter sido iniciadas con anterioridade. “Afortunadamente o tempo non nos acompaña, senón a ver como se compatibilizaba a presenza dos bañistas coas máquinas da Deputación”

Esta pasividade vese acompañada do retraso en abrir o concurso para a concesión do establecemento hostaleiro do xardín da Compostela, cuxo aproveitamento é, obviamente, nos meses de utilización da praia. De seguro, calquera empresario que tivese intención de optar a esta concesión querería ter a disposición o establecemento xa nestes momentos, para instalarse e comezar a traballar aproveitando ao máximo o tempo. Sen embargo todavía non semella existir unha data estimada para a súa futura apertura.


A esta xa máis que evindente falta de xestión de Tomás Fole, engádeselle a peregrina e innecesaria idea deste goberno do Partido Popular de facer un pasarela de madeira. Os socialistas dubidan da autorización de Costas para facer esta intervención, pero de seren así, os socialistas pídenlle ao Goberno local, que de facerse, o máis lóxico e prioritario é facela anexa ao paseo marítimo, para ser utilizada como carril-bici. Os socialistas tamén aconsellan ao Alcalde que renuncie a outra das súas ideas peregrinas e non contrate este verán aparatos hinchables para a praia e aposte, como xa fixemos os socialistas coa instalación da tirolina ou da rede tridimensional, por equipamentos fixos. “Nestes momentos de crise temos que apostar polo investimento e non polo gasto” sinalaron os socialistas.
Por último os socialistas, instan ao Alcalde de Vilagarcía a solventar o principal problema da praia que son os vertidos. “Coas obras de compensación do novo trazado do ferrocarril, solventábase o problema de vertidos que sofre o chamado río da tripeira, un dos puntos máis negros da praia” Os socialistas pídenlle ao Alcalde que axilize canto antes con Fomento esta actuación, que xa quedara comprometida da lexislatura anterior. Tamén, recordan os socialistas, “Tomás Fole pedíu a colaboración da Xunta, pero esta xestión, quedou só para a foto, porque facer non fixeron nada”. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario