Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

14/6/12

O Partido Socialista preguntará no pleno da Deputación pola perda de 1.6 millóns dos fondos FEDER para as obras de Matosinhos


O silencio do Concello de Vilagarcía e da Deputación amosa a evidencia de que os fondos foron perdidos pola inacción do Goberno Municipal e da entidade provincial

Vilagarcía de Arousa, 14 de xuño de 2012.- O Partido Socialista de Vilagarcía levará ao próximo Pleno da Deputación de Pontevedra unha pregunta pola perda dos fondos Feder para as obras de Matosinhos, toda vez que o Alcalde de Vilagarcía agóchase a cabeza tras darse a coñecer que a inacción da Deputación sumada á súa propia, por non interesarse polo tema en todo un ano de Goberno, levou á perda de 1,6 millóns de euros que estaban encamiñados xa coas xestións do anterior Goberno Municipal, como se pode constatar no expediente que existe no Concello sobre o tema.

A través do representante da comarca de Arousa na Deputación, o grovense José Antonio Cacabelos, os socialistas de Vilagarcía queren coñecer a postura da Deputación, e saber os motivos da paralización na tramitación desta subvención e os motivos polos que a Deputación rexeitou incluíla nos Fondos Europeos, e por que a complicidade entre o Presidente Louzán e o Alcalde de Vilagarcía Tomás Fole deixou a Vilagarcía sen este importante investimento.

A portavoz municipal dos socialistas en Vilagarcía, e recente secretaria de organización provincial do PSdeG, Tania García, apuntou que “non por ser habitual deixa de ser espantoso que a Deputación de Pontevedra faga tanta deixadez de funcións con determinados Concellos. Como Vilagarcía tiña un Goberno socialista, Louzán pretendeu entorpecer esta obra ata o punto de deixar que se perdera. Pero o máis lamentable é que sendo Alcalde Tomás Fole ningún dos dous moveu un só papel para evitar a perda de 1,6 millóns de euros. Eso sí, Fole aplaude que existan 9 millóns de euros para investimento nas Pousadas do Salnés, facendo competencia desleal aos empresarios de
hostelería pero agocha a cabeza na defensa desta obra prioritaria para Vilagarcía”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario