Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

26/1/13

O Grupo Socialista do Concello de Vilagarcía ante a posible devolución do crédito Luz Salgada quere trasmitir todo o seu apoio ao Goberno Local para a busca de solucións


Os socialistas esperan que o Ministerio flexibilice a súa postura e non obrigue a Vilagarcía a esa devolución de consecuencias moi difíciles para o concello

Os socialistas, unha vez consultado o expediente, teñen serias dúbidas sobre as xestións feitas polo Alcalde dende a súa chegada a Ravella

Vilagarcía de Arousa, 26 de xaneiro de 2013.- Os Socialistas de Vilagarcía ante o anuncio do Alcalde da resolución do Ministerio de Industria, Enerxía e  Turismo da devolución dos 5,9 millóns de euros máis os intereses do préstamo da Luz Salgada, queren manifestar o seu apoio, e esperan que sexa extensivo de toda a corporación, ao Goberno local na busca de solucións. Os socialistas comparten co Alcalde que este reintegro colocaría as arcas municipais nunha moi difícil situación e ofrécense a colaborar para evitar que se faga efectivo. O O Partido Socialista espera ademais unha flexibilización do Ministerio atendendo aos informes da Intervención municipal e á difícil situación económica das administracións.
Pero os socialistas, volverán a pedir a consulta de todo o expediente do préstamo como xa fixeron fai uns meses para informar sobre todas as xestións feitas polo actual Goberno dende a súa chegada a Ravella.
No expediente de Luz Salgada o primeiro escrito que remite o Goberno de Tomás Fole ao Ministerio ten data do 14 de setembro de 2011, tres meses despois da súa chegada á Alcaldía e sabendo que había de prazo ata maio de 2012 para rematar as obras, ese escrito referíase vagamente a posibilidade de “facer outros proxectos no entorno”. Tamén en setembro de 2011 o Alcalde acode a Madrid e, segundo as súas propias declaracións, lle informan de que ten que remitir un escrito con informes técnicos sobre a non conveniencia de construír o parking soterrado de Fexdega.
Dende esa data e curiosamente coincidindo coas eleccións xerais, o Alcalde non volve a facer ningunha xestión ao respecto de Luz Salgada ata abril de 2012, data na que se remite o informe técnico requerido en setembro de 2011, sete meses despois. A posteriori, o catro de maio de 2012, o mesmo mes no que se remataba a prórroga para acabar as obras, remítese dende o Concello un novo escrito ao Ministeiro solicitando unha nova prórroga para facer os investimentos. “Cremos que o Alcalde contaba que a chegada do Partido Popular ao Goberno do Estado ía facilitarlle a resolución do problema xurdido pola non construción do parking en Fexdega, e non moveu un papel durante sete meses, cando quedaban menos de oito para rematar as obras”. Sinalaron os socialistas.
“Os socialitas o que esperamos do Goberno local é a busca de solucións, pero si consideramos convinte informar á cidadanía das xestións levadas a cabo polo Goberno de Tomás Fole sobre este asunto. O noso grupo está á total disposición do Goberno Local para buscar solucións a este delicado problema de serias consecuencias para o Concello de Vilagarcía”. Concluíron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario