Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

31/1/13


O Grupo Socialista de Vilagarcía pide a dimisión do concelleiro Cholo Dorgambide
Os socialistas queren manifestar o seu apoio ao colectivo dos policías locais, que teñen todo o seu recoñecemento pola súa profesionalidade
Os socialistas culpan ao Goberno Local de inflar o orzamento en base aos cálculos dunha empresa que plantexa impoñer mil sancións ao día
                       
Vilagarcía de Arousa, 31 de xaneiro de 2013.- O Grupo Socialista pide a dimisión do concelleiro delegado de Seguridade Cidadá e solicítalle ao Alcalde que relegue de maneira inmediata das súas funcións a Cholo Dorgambide. “É inaceptable que o concelleiro Cholo Dorgambide poña en dúbida a profesionalidade da Policía Local, se existe algún fallo na organización do servizo é exclusivamente responsabilidade de quen ten que dirixir, ou sexa el. Isto demostra a súa incapacidade para ostentar un cargo de tanta responsabilidade e piden que cese canto antes do seu cargo”. Afirmou a portavoz municipal, Tania García. “Leva máis dun ano ao fronte do concellería e as súas únicas aportacións foron a polémica Ordenanza de circulación, que tivo que retirar, e agora a súa pretensión de cobrar por aparcar na Zona Azul e sancionar a discreción aos conductores, amparándose no mal uso dos usuarios e cuestionando a labor dos axentes. Os socialistas tamén lle queren transmitir todo o seu apoio e recoñecemento ao Corpo da Polícia Local destacando a súa labor e profesionalidade. “Aos socialistas parécenos indigno e inmoral que o Goberno busque culpables para implantar o servizo de cobro por aparcar e sancionar a discreción, cando a súa única pretensión é buscar fontes de financiación, xa que a súa nula xestión nos lle permite acadar outras fórmulas sen rascar directamente nos petos dos veciños de Vilagarcía e das persoas que acuden a Vilagarcía”.
Os socialistas tamén culpan ao Bipartito PP-IVIL de inflar o orzamento en 250.000€ en base aos cálculos dunha empresa, que plantexa impoñer mil sancións ao día, “Eses datos están evidentemente inflados e non constatados coa realidade, os socialistas imos elevar unha pregunta ao Goberno sobre o número de sancións impostas no pasado 2012, para demostrar que eses cálculos son esaxerados e non se corresponden coa realidade, ou ben o goberno local pretende impoñer multas aos cidadáns só por arrancar o motor dos seus vehículos”.
Unha vez máis os socialistas pídenlle ao Goberno que recapacite e que escoite á cidadanía, é un clamor a oposición da cidadanía de Vilagarcía a todas estas medidas. Concluíu a portavoz municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario