Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

1/2/13

Os socialistas amosan a súa preocupación polo descoñecemento, por parte da concelleira de deportes Elena Suárez, do estado das instalación deportivas municipais


Resulta paradóxico que a máxima responsable das instalación teña que recorrer a persoas externas ao servizo para que lle informen

Os representantes do PSdeG manifestan que o seu único desexo é que as instalacións estean nas mellores condicións posibles, e convidan á concelleira a acompañalos nunha visita aberta a medios e a técnicos ás instalacións deportivas

Vilagarcía de Arousa, 1 de febrero de 2013.- Ante a alerta concitada polo estado das instalacións do estadio municipal de Fontecarmoa, da que se fixo eco o PSdeG de Vilagarcía, os representantes dos socialistas amosaron hoxe a súa preocupación polo descoñecemento evidenciado por parte da concelleira de deportes, Elena Suárez, sobre a situación das devanditas instalacións.

Os socialistas queren transmitir que o seu desexo é que as instalacións se manteñan no mellor estado posible, e que permitan a celebración en Vilagarcía de probas do maior nivel competitivo e se disputen nas mellores condicións. Para isto consideraron fora de lugar o estado no que se atoparon as instalacións do estadio de atletismo de Fontecarmoa o pasado fin de semana para a disputa do Campionato Galego de Combinadas, cuestión que non soamente argumentan os representantes do PSdeG por si mesmos senón que, como foi público, é tamén opinión de persoas presentes nas probas e de técnicos contrastados. Sen embargo, a única explicación que ofrece a concelleira de deportes é dicir que se reuníu cun federativo que lle asegurou que as pistas estaban ben. Resulta sorprendente, afirman os membros do PSdeG que a concelleira de deportes teña que recurrir a alguén externo ao servizo de deportes de Vilagarcía para que lle explique como están as instalacións. Os socialistas pregúntanse por que a propia concelleira non ten a posibilidade de expoñer por si mesma o criterio do estado das pistas. E, a pesares de todo, a postura do PSdeG segue a ser que o estado das instalacións deixa moito que desexar: o peche perimetral está en estado lamentable, os obstáculos da ría están abandoados, o céspede ten graves problemas, a tabla de batida en mal estado, os fosos dos saltos sen picar… A sorpresa maiúscula para os socialistas foi descubrir que a torre de control inundouse “porque chovía”, en palabras da concelleira, preguntándose se non é precisamente un problema que polo mero feito de chover se anegue unha instalación. O extremadamente grave sería que se inundase se non chovera, consideran dende o PSdeG. Aproveitan os socialistas que unha maneira de resolver estas discrepancias de criterio é que a concelleira de deportes acompañe aos membros do PSdeG a unha visita polas instalacións aberta aos medios de comunicación e a técnicos deportivos.

Aínda así, hai máis cuestións que dende a agrupación socialista de Vilagarcía manifestaron en recentes declaracións e que non foron resoltas pola concelleira, como explicar cal foi a representación institucional do Concello na proba (no inicio, na clausura,…) e por que non se traslada información tanto aos demáis membros do Consello Reitor da Fundación como ao público en xeral. Os socialistas consideran que é necesario publicitar e dar difusión á celebración de probas deste nivel en Vilagarcía, pero non parece ser o criterio da concellería de deportes.

Por último, dende o PSdeG aseguran que tanto o estadio de atletismo de Fontecarmoa, como outras instalacións municipais (poñendo como exemplo o deficitario estado do pavillón de Castelao, ao que extenden a invitación a visitar coa concelleira) merecen unha reflexión conxunta de todos os membros do ámbito deportivo de Vilagarcía, e quererían trasladar esta idea ao Consello Reitor da Fundación de Deportes pero, sen embargo, non existe reunión ordinaria para poder facelo dende setembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario