Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

16/2/13

O PSdeG insta ao Alcalde Tomás Fole a evitar os “disparos a discreción buscando culpables de todos os seus propios males”


A marcha de Marta Rodríguez é, para Tania García, “unha mostra de que no Alcalde xa non confían nin os seus”

Vilagarcía de Arousa, 16 de febreiro de 2013.- Os socialistas de Vilagarcía, a través da súa voceira municipal Tania García, chamaron á reflexión hoxe al Alcalde Tomás Fole para que “abandone a súa posición habitual dos últimos tempos de botarlle a culpa de todo aos demáis”, como consideran os socialistas que ven facendo coas decisións máis polémicas e pouco aceptadas dos últimos tempos.

Os socialistas consideran que declaracións públicas do Alcalde como as que se lamenta das críticas ao proxecto da privatización de parte de Fexdega para a instalación dunhas pistas de pádel e sinala que por culpa diso as empresas poden estar buscando outras solucións, son precisamente posicións que contribúen aínda máis á falta de seriedade do Goberno Local, “único causante dos problemas que Fole pretende botarlle aos demáis” segundo Tania García.

A socialista apuntou que “os socialistas vamos defender as cuestións que consideremos positivas para Vilagarcía, pero ese criterio non o vai marcar un Goberno no que xa non cre ninguén”, e considerou que as palabras de Fole “demostran que non entendeu nada do que está a ocorrer”. Segundo os socialistas, o Goberno Local tivo problemas para sacar adiante ata o de agora os seus proxectos, a pesares de ter maioría absoluta no pleno do Concello gracias ao bipartito con IVIL, porque son ideas que non convencen a ninguén. “Sen embargo”, apuntou Tania García, “Fole di que a xona azul é moi boa e os hosteleiros e comerciantes teñen que reflexionar porque están equivocados; o seu socio de Goberno argumenta di os policías son todos uns vagos e por eso non funciona o sistema actual; Fole empéñase no proxecto das pistas de pádel e se non sae adiante di que é bo e que os demais estamos fastidiando o proxecto, pero ningún membro do padroado de Fexdega votou a favor salvo o propio PP… Un desastre”.

Goberno en descomposición

Froito desde “desgoberno” que observan dende o PSdeG se dan as situacións nas que o Goberno Local vai mudar unha vez mais. Lembran os socialistas que a conformación do bipartito (“comprando unha maioría absoluta enviando a Rivera Mallo ao Senado”) xa produciu un cambio no Goberno Local, e o enfrontamento de Fole con algúns dos seus membros; lembran tamén a dimisión de Garrigós, e tamén a reordenación de áreas posteriores que para os socialistas evidenciaban “que o PP non tiña, nin ten, capacidade suficiente para asumir as responsabilidades de Goberno”. Agora a máis que previsible marcha de Marta Rodríguez de Vilagarcía, que era presentada como un dos grandes valores deste equipo do PP, amosa que “o Goberno Local está en descomposición, e despois de comprobar como o Alcalde non convence a ninguén axente social nin á cidadanía dos seus proxectos, agora xa non van quedar no Goberno nen a fichaxe estrela que era o exconcelleiro de deportes Garrigós nen a suposta gran baza política que era Marta Rodríguez”.

Unha vez máis, García Sanmartín volveu a plantexar a Tomás Fole que “reflexione sobre a súa posición e comece a facer caso a moitas das propostas que lle facemos para mellorar a gobernabilidade de Vilagarcía, que hoxe está ameazada”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario