Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

6/2/13

O PSdeG chama a unha reflexión sobre Fexdega “serena, pausada e lonxe de empecinamentos persoais inexplicables”


Os socialistas creen que sería positivo reunir ao Consello Económico Social, e recabar opinión de antigos responsables de Fexdega, para buscar entre todos unha saída útil para o futuro de FEXDEGA

Vilagarcía de Arousa, 6 de xaneiro de 2013.- O anuncio da renuncia da Cámara de Comercio a seguir formando parte do patronato de Fexdega supón “unha chamada de atención máis sobre a situación que o recinto ferial Fexdega está a sufrir nos últimos tempos”, en palabras de Tania García, voceira municipal do PSdeG no Concello de Vilagarcía e membro do patronato da Fundación Fexdega. Esta valoración chega despois de que os socialistas xa manifestaran constantemente as súas discrepancias co proceso que vén levando ao Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, de tentar de sacar adiante o proxecto da instalación dunhas pistas de pádel no recinto Fexdega. Esta idea non prosperou xa en dous intentos anteriores, e un deles previa votación no propio patronato no que soamente apoiaron o proxecto os membros do PP no Concello. Coa incorporación de dúas persoas representantes da Deputación de Pontevedra, entidade que non aporta nin un céntimo a Fexdega, o PP presente sacar adiante unha privatización dun recinto público basándose únicamente nunha entente Louzán – Fole.

Os socialistas consideran que o esperpento neste procedemento, que achacan a un sorprendente empecinamento persoal de Fole en que unha empresa privada utilice Fexdega para o seu negocio, está a poñer en risco todo o desenvolvemento histórico do recinto ferial e o seu futuro uso no sentido en que foi concebido. Dende o PSdeG observan como “o PP quixo entender que un resultado electoral validaba que podían facer o que lle daba a gana, a pesares da oposición dos axentes sociais de Vilagarcía, e así o están a aplicar tamén en Fexdega”, expuxo García, quen engadiu que “facer que o recinto se convertirá nun pavillón deportivo, co custe económico que ten para o Concello en gasto directo e en investimento que deixa de ingresar ao non fomentar a actividade ferial, non foi unha idea que contara coa nosa aprobación. Dende logo, menos vai contar co noso apoio privatizar unha parte importante para que unha empresa veña a facer competencia desleal a Vilagarcía e baixo unhas condicións moi ventaxosas”.

Por todo iso, e ante a deriva que está tomando a situación co abandono do patronato por parte da Cámara, e o rexeitamento social ao proxecto e formas en que se está levando a cabo, os socialistas manifestaron hoxe que consideran necesario “abrir o debate sobre Fexdega para encontrar unha solución conxunta de todos os veciños de Vilagarcía, e non só a solución dunha persoa soa”. A voceira municipal explicou que “no PSdeG consideramos que é hora de facer política entre todos e para todos, e creemos que é momento de que abramos realmente un debate sobre o futuro que queremos para Fexdega. Agora é unha instalación municipal, e por moito que poidamos considerar eso un acerto ou un erro, é a situación que temos que afrontar. Un recinto como este non pode estar para as decisión particulares de ninguén. Hai que superar criterios persoais”. Por todo isto dende o PSdeG, a través de Tania García, manifestaron que”convidamos ao Alcalde a que convoque ao Consello Económico e Social, para que todos os axentes sociais esteann implicados nunha decisión deste calibre, e tamén que contemos coa participación dos anteriores responsables do recinto e cos anteriores rexidores municipais tamén para ter a visión máis ampla posible e tomar a mellor decisión posible”. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario