Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

21/2/13

Tania García afirma sentirse “preocupada” pola situación de Vilagarcía ante un goberno “desnortado, en guerra contra os cidadáns”


A voceira socialista critica a “estratexia do cangrexo” ao retirar do pleno o regulamento de instalacións municipais

Os socialistas piden ao Goberno Local que reflexione sobre a conveniencia de pechar negocios nesta época de crise

Vilagarcía de Arousa, 21 de febreiro de 2013.- Os socialistas de Vilagarcía, a través da súa voceira municipal, amosaron hoxe a súa “preocupación pola situación actual do goberno de Vilagarcía” ao que calificaron de “desnortado” e de estar “en guerra contra os cidadáns”.

Estas declaracións xurden a partir das decisións que os socialistas coñeceron no día de onte. Por un lado a retirada da orde do día do pleno, por parte do goberno local, da aprobación do regulamento de utilización das instalacións municipais, que prevía o cobro polo uso de instalacións culturais. A crítica que, entre outros, o Partido Socialista plantexou a este regulamento e á súa falta de concreción sobre o importe das taxas e os criterios para cobrar, fixo ao Goberno Local aplicar “a estratexia do cangrexo”, en palabras de Tania García, “que xa utilizaron outras veces como aquel ridículo de aprobar unha ordenanza de mobilidade que impedía andar en patinete ou reunirse tres persoas nas beirarrúas, pero sair do pleno dicindo que o Goberno ía enmendar a ordenanza que acababan de aprobar”. Ao fío desta situación, os socialistas reiteran, como xa solicitou García Sanmartín na xuntanza de voceiros do pasado luns, que ademáis de retirar do debate plenario o regulamento, debería estar acompañado pola ordenanza fiscal que regule o prezo dos locais. “Xa que o alcalde fixo caso parcial ao PSdeG ao retirar o regulamento do debate do pleno, pedímoslle que faga caso completo e presente tamén a ordenanza fiscal cos prezos que o goberno propón”.
 “Se tiveran pensado no mecanismo normal de funcionamento”, continuou a socialista, “podíamos ter falado antes o grupos políticos, e convocar a entidades e asociacións implicadas para que deran a súa visión sobre o tema” Como exemplo dende o PSdeG sinalan que “é normal falar de cobrar por certo tipo de actos, como os de empresas privadas ou os que teñen ánimo de lucro, pero non a outros que organizan colectivos que, moitas veces, fan labores que complementan espazos aos que non chega a administración”.
Por outro lado, o PSdeG tamén coñeceu onte a decisión do alcalde Tomás Fole de pechar varios locais de hostalería de Vilagarcía. Dende a formación socialista consideran esta medida como “unha declaración de guerra contra os seus propios veciños”, e valoran que “pechar un local de hostalería, na situación económica actual, supón un perxuizo que o alcalde probablemente non sabe valorar”. Sinalan ademais que a época de peche collerá integramente a Semana santa, que supón o único balón de oxíxeno para a hostelería entre carnavais e verán, co cal o dano se agrava. “Este tipo de actitudes do goberno”, apostillou Tania García, “como pechar locales de hostelería, recriminar aos comerciantes as críticas á zona azul ou chamar vagos aos policías locais amosan unha concepción do poder que resulta inaceptable”.
Os socialistas invitan ao goberno a que se deteña e reflexione, pedindo opinión aos demais grupos, para reencamiñar a xestión municipal por outras vías e con outras formas. “Os socialistas estamos á disposición do Goberno Local para favorecer que Vilagarcía non entre nunha espiral de desgoberno”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario