Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

2/2/13

Dende o PSdeG manifestan a súa vergoña pola actitude do Goberno Local, poñendo como exemplo a Fole e Dorgambide, na xestión da polémica da zona azul


Os socialistas agardan que o Alcalde reflexione sobre a súa situación

O Grupo Socialista considera urxente arrimar o ombro ante a deriva de xestión e actitude popular, e solicita unha xuntanza urxente para afrontar o caso de Luz Salgada

Vilagarcía, 02 de febreiro de 2013.-  Dende o Partido Socialista de Vilagarcía queren manifestar a súa sensación de vergoña allea, ante a actitude que están a comprobar todos os cidadáns do alcalde Tomás Fole e do concelleiro de Seguridade cidadá, Cholo Dorgambide, pola xestión da implantación da zona azul e a pretensión de impoñer sancións a discreción, unha media de 1.000 ao día, medidas, todas estas, moi gravosas para a cidadanía.

A recente actitude de Cholo Dorgambide, acusando aos cidadáns e, sen pudor, ao colectivo de policías de vagos e de falta de actividade, cuestión que resulta máis paradóxica todavía cando el mesmo é o responsable político do corpo, sumado ás súas manifestacións de “poñer todo o empeño en que a zona azul salga adiante” amosan unha perda de sentido da realidade por parte do concelleiro. A súa actitude, obviando calquera método de diálogo e de afrontar unha situación problemática, merecen para os socialistas a dimisión ou o seu cese, como xa foi manifestado.

Pero nada máis lonxe da realidade no grupo de goberno que a vontade de resolver e tender pontes. O Alcalde Fole sorprende hoxe aos hostaleiros e comerciantes cun ataque frontal, acusando de non enterarse das cousas e de discutir por discutir. Os socialistas asómbranse de que o Alcalde non perciba que hostaleiros, comerciantes e veciños en xeral o que están a facer é intentar facerse escoitar polo Alcalde e dicirlle que a zona azul e as demais medidas que anuncian van ser un desastre para as economías locais. Tanto polo feito de pretender sancionar aos condutores a discreción e de ter que pagar por aparcar no propio pobo, como por conseguir que isto diminúa o número de persoas doutras localidades que van vir a Vilagarcía a facer as súas compras. A simpleza e contundencia do argumento é contestada polo Alcalde entrando a chamarlle a atención aos seus cidadáns en actitude chulesca e ditatorial. Cabe lembrar que Fole xa alertou a comerciantes e veciños que, con respecto á instalación de circos en Fexdega e os impedimentos que provocaba (resta de aparcamentos, cheiros,…), que “tiñan que reflexionar”. Fole, pechado no seu propio labirinto de insensateces, está a adoptar unha actitude que os socialistas consideran perigosa porque pode provocar que derive nun Goberno contra os cidadáns, e non ao seu favor, por rencor e por vontade de demostrar o poder que é o que semella estar a ocorrer co Alcalde.

Dende o Partido Socialista, a través da súa voceira municipal, Tania García, manifestaron hoxe esta preocupación e a súa vontade de “implicarnos aínda máis se cabe no traballo municipal, polo que solicitamos que se nos convoque para os temas urxentes e importantes no Concello”. Os socialistas plantexan que consideran que deben estar na toma de decisións dalgunhas cuestións, para ofrecer un punto de vista máis apegado á realidade. Esta petición iníciase polo asunto de Luz Salgada, onde o Alcalde está a ofrecer distintas versións da situación cada día. Os socialistas demandan unha xuntanza urxente de portavoces, para coñecer a auténtica realidade da situación e intentar reorientala, e confían en que exista responsabilidade por parte do Goberno Local e se afronten as situacións conxuntamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario