Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

9/2/13

O PSdeG de Vilagarcía reclama o acceso á información sobre a instalación da pista de xeo na praza da peixería, que xa solicitaron hai tempo sen recibir contestación


Estiman que o custe para o Concello foi moito maior do publicitado, o cal podería ser unha das razóns para ocultar información. “Se non hai nada que ocultar, non debería haber problema en facilitar a información” sinalou Tania García

Os socialistas alertan de que esta negación da información é vulneración dun dereito fundamental

Vilagarcía de Arousa 9 de febreiro de 2013.- Os socialistas de Vilagarcía seguen á espera da información referida á instalación dunha pista de xeo na praza da peixería de Vilagarcía durante os pasados meses de decembro  e xaneiro. Con respecto a esta actividade a voceira municipal dos socialistas, Tania García, solicitou os datos referidos a esta instalación e os gastos en consumo de enerxía de eléctrica que supuxo ao Concello xa o pasado 21 de xaneiro mediante instancia por rexistro xeral do Concello, sen que ata o de agora fora facilitado nin un só papel ao respecto.

No seu momento, o Goberno Local fixo declaracións públicas que estimaban o custe da devandita pista en 6.000€. Sen embargo os socialistas consideran que ese custe é bastante probable que sexa máis elevado no consumo eléctrico. E aínda a esto hai que engadir os 5.000€ en entradas que o Goberno Local comprou á empresa organizadora da actividade (“5.000€ pola compra de 1.000 entradas para escolares e 500 para outros colectivos”, Xunta de Goberno Local de 14 de decembro), ademáis da posta a disposición de modo gratuíto dunha instalación pública céntrica e privilexiada durante as festas de nadal como é o caso da praza da peixería.

Os socialistas alertan de que a non facilitación de información ante a solicitude desta por parte de concelleiros municipais considérase violación dun dereito fundamental, que é o dereito ao acceso á información por parte dos concelleiros. Ante esta situación Tania García manifestou hoxe que “confiamos en que este goberno, con todos os frontes abertos de disputas que xa ten abertos cos diferentes colectivos e axentes sociais, non empece agora a utilizar tácticas que son máis do estilo Louzán ou Durán e haia que reclamarlle a información pola vía xudicial”. “Cando non hai nada que ocultar, non debería haber problema en facilitar a información”, concluiu García.

No hay comentarios:

Publicar un comentario