Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

23/2/13

Tania García aplaude a decisión do Alcalde de facerlle caso e retirar a decisión de implantar a zona de azul de pago


Os socialistas preguntan, sen embargo, que pasa agora co orzamento no que constaba a previsión económica de ingresos a través da zona azul

O PSdeG consideran unha desautorización ao concelleiro de tráfico, Cholo Dorgambide que dixo que ía “poñer todo o seu empeño en sacar adiante” a zona azul

Vilagarcía de Arousa, 23 de febreiro de 2013.- A intención do Alcalde de Vilagarcía de retirar a súa decisión de implantar a zona azul de pago por aparcamento é, para os socialistas de Vilagarcía, unha rectificación que “chega tarde, pero chega”, segundo manifestou Tania García hoxe. “Dende o Partido Socialista consideramos, obviamente, que a non aplicación desta medida é positiva. Sen embargo o que tamén consideramos é que non foi retirada ata que chegamos a un punto de indignación cidadá inaguantable, e para iso houbo que aguantar a lamentablemente habitual actitude do Alcalde de facer as cousas a golpe de puntos suspensivos”. Lembran os socialistas que foron o único grupo político que presentou xa no seu día alegacións contra os orzamentos, e específicamente contra a partida que indicaban a previsión de ingresos. Precisamente neste punto Tania García sinalou algúns dos problemas que xurden agora con este paso atrás de Fole: “a estratexia do cangrexo conleva algunha problemática, xa que agora están aprobados uns orzamentos que prevén 250.000€ de ingresos a través deste sistema e que agora non existirán”, e non dubidou en sinalar que as presas amosadas ao inicio evidencian que Fole foi un “temerario” nas súas previsións.

Ademáis dos problemas orzamentarios, Tania García cree que Fole debe dar resposta aos problemas de deslexitimación que se xeran dentro do seu propio Goberno, xa que “o concelleiro Cholo Dorgambide manifestou que poría todo o seu empeño – literalmente – en sacar adiante a proposta da zona azul de pago”. A decisión actual deixa a Cholo absolutamente desautorizado dentro do equipo de Goberno, e García Sanmartín se pregunta se isto vai dar lugar á enésima crise de Goberno.

Por último, os socialistas consideran que todo este caótico proceso tampouco foi resolto de todo correctamente polo Alcalde, ao que reprochan que non convocase aos grupos políticos para trasladarlle esa decisión. “Vemos que ao final o Alcalde tivo que tomar unha decisión que os socialistas xa lle transmitimos hai tempo. Se o final vai facer o que nós lle dicimos, podía aprender e convocarnos algunha vez para reflexionar e tomar decisións sobre os temas ou, polo menos para informar aos grupos da oposición das súas decisións”, concluíu Tania García.

No hay comentarios:

Publicar un comentario