Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

19/2/13

O PSdeG de Vilagarcía denuncia a intención do Goberno Municipal de cobrar polo uso das instalación culturais


O bipartito de dereitas pretende aprobar un regulamento de utilización de instalacións culturais sen ter dialogado cos demais partidos e cos colectivos máis implicados

O Goberno Local pretende que o Pleno aprobe a posibilidade de cobrar sen información da tabela de prezos, que decidiría despois o PP

Vilagarcía de Arousa, 19 de febreiro de 2013.- O Partido Socialista de Vilagarcía considera “un erro grave”, en palabras da voceira municipal Tania García, a intención do Goberno Local de aprobar un regulamento de utilización de instalacións culturais que ten como finalidade cobrar pola utilización de instalacións municipais. Dende o PSdeG valoran que esta decisión supón un ataque frontal ao eido cultural, sector que está xa a sofrer gravemente as políticas de recorte do PP e que tomaron forza co indiscriminado aumento do IVE cultural ata o 21%.
De maneira específica os socialistas creen que este tipo de regulamentos, que afectan a instalacións municipais como é o caso, deberían intentar ser consensuados cos demáis partidos políticos e cos colectivos implicados, neste caso as entidades culturais, asociacións, grupos de música, asociacións veciñais, etc. O regulamento afectará a locales como o Auditorio, a Sala de Exposición Rivas Briones, o salón García, a Praza da Peixería, os locais de ensaio e outros espazos utilizados por colectivos que non puideron aportar ningunha idea sobre posibles melloras na súa xestión. “Se así fora”, apuntou Tania García, “os membros do Goberno Local podíanse ter encontrado con algunas ideas interesantes que circulan entre persoas do sector. Ou podiamos ter falado de cobrar cando se realicen actividades con ánimo de lucro pero non cando non o teñan, porque resultaría difícilmente explicable cobrar pola utilización de espazos públicos a asociacións e colectivos que realizan tarefas non de lucro e que repercuten positivamente na sociedade e que complementan as posibilidades que ofrece a administración pública”.
Tania García expresou hoxe a idea dos socialistas de que “o concepto de xestión que parecer ter o señor Fole como Alcalde non é optimizar os recursos existentes, senón arreglar todo a golpe de taxa ou imposto. E que paguen os cidadáns, que parecen ser o saco sen fondo do que o PP pretende obter cartos”. García lembrou así a suba de impostos municipais que chegará ata un 30% e que aprobou o bipartito local, ou a recente intención de cobrar por aparcar na rúa que o PP quere implantar con todo o seu empeño, a pesares da oposición de cidadáns, hostaleiros e comerciantes. “Para gobernar así, vale calquera” sentenciou a voceira socialista, que engadíu que “para o PP xuntar o eido cultural e o público nun mismo concepto supón para o PP como xuntar a fame e as ganas de comer. Estaba visto que o atacarían”.
Por último, “e para redondear”, o bipartito local levará a pleno este regulamento sen proposta de prezos, co que pretende aprobar que se cobre por utilizar e, despois, decidir os prezos. Os socialistas demandan a información completa para coñecer as intencións do Goberno Local, e avisan ao PP de que intentar aprobar novas cargas para os cidadáns sen decir canto será o que se cobre semella unha táctica un tanto “incomprensible”. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario