Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

5/2/13

Os socialistas califican de inmoral que Fole intente de novo sacar adiante a privatización de Fexdega para instalar unhas pistas de pádel dunha empresa


A intención de Fole pasa por incluír no patronato de Fexdega a dúas persoas que non son de Vilagarcía, en representación da Deputación que non aporta nin un céntimo, para decidir sobre algo que os lexítimos representantes de Vilagarcía xa rexeitaron

Dende o PSdeG se preguntan por que esta actitude teimuda do Alcalde en apoiar este proxecto

Vilagarcía de Arousa, 5 de febreiro de 2013.- A información difundida no día de hoxe sobre a intención do Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, de rescatar o proxecto da privatización de Fexdega para a instalación dunhas pistas de pádel a cargo dunha empresa, volve a poñer sobre a mesa o concepto da irresponsabilidade política que vén aplicando o PP de Vilagarcía dende o Goberno Local.

Nos últimos meses foron perfectamente coñecidas pola cidadanía as intencións do Alcalde Tomás Fole de levar adiante o proxecto de privatizar o 25% do recinto ferial de Fexdega para que unha empresa instale unhas pistas de pádel para negocio privado. E foron igualmente coñecidos os sucesivos fracasos que esta intención sufríu. Primeiramente por erros no procedemento, que invalidaron todo o primeiro concurso. Naquel procedemento xa foron vergonzantes as formas adoptadas polo Alcalde e o Goberno Local, ninguneando á Fundación de Deportes que unicamente foi convocada porque así o forzaron os clubes deportivos de Vilagarcía contra a vontade do Goberno Local. Nun segundo intento, nunha persistencia e cabezonería sorprendente para sacar adiante un proxecto empresarial privado, foron os propios membros do Patronato de Fexdega os que non apoiaron a proposta do Alcalde votando en conta da apertura dun novo concurso.

Sen embargo, non resulta suficiente para o Alcalde que o máximo órgano de decisión sobre o recinto, e que representa a sectores e implicados na vida económica de Vilagarcía como os empresarios, o pequeno comercio ou NovaGaliciaBanco, ademais dos representantes dos partidos políticos, tumbara a súa proposta. Cabe recordar que únicamente os representantes do PP votaron a favor daquel proxecto, sen recabar ningún apoio máis. Agora os socialistas asisten con preocupación e indignación á intención de Fole de terxiversar aquela vontade conxunta, e todo para facilitar un negocio á empresa privada que se faga coa concesión. Tania García, voceira do grupo socialista municipal e representante do PSdeG no patronato de Fexdega, resumíu a postura socialista explicando que “o modo atopado por Fole resulta inmoral e insultante, xa que en indignante complicidade coa Deputación de Pontevedra o patronato incluirá a dúas persoas, que non son de Vilagarcía e que representarán a un ente que non aporta nin un euro á Fundación Fexdega, para que amañen unha decisión que hipotecará unha instalación municipal que se sostén con medios municipais durante dez anos e practicamente eliminará a posibilidade da celebración de ferias e eventos no recinto”.

Todo esta patraña de procedemento parte, ademáis, dunhas premisas que no principio foron ofrecidas como razóns indiscutibles, e que pasaban pola necesidade de buscar fórmulas de financiamento para Fexdega debido ao carácter deficitario do recinto. Este argumento, que deixa en evidencia ao propio Goberno porque amosa o negativo da decisión de permitir á Xunta desentenderse de Fexdega, está agora mesmo fora de lugar xa que é público que o Ministerio de Facenda devolverá 700.000€ máis intereses (co que poden sumar preto dun millón de euros) á Fundación pola devolución do IVE das obras de construción. “Eses fondos desarticulan a idea de que privatizar Fexdega é necesario, e dan ademáis a posibilidade de que entre todos podamos contribuír a definir que queremos para Fexdega e que decisión debemos tomar. É necesaria unha planificación na que todos esteamos dacordo, pensando nos cidadáns de Vilagarcía e non en algunha empresa de fora para que faga os seus negocios”, sinalou Tania García.

“En definitiva” – continuou García – “Fole quere implantar o pádel en Fexdega a golpe de puntos suspensivos, que é a única maneira de facer as cousas que sabe este Goberno”. Os socialistas lembraron que xa nas últimas semanas véñense facendo modificacións na superficie de Fexdega para deixar libre o espazo para as futuras pistas de pádel, sen estar convocado o procedemento. “Síntense por encima da lei, por encima do ben e do mal”, indicou a voceira socialista, que anunciou que “volveremos a estar en contra, porque esto é unha decisión errada para Vilagarcía, porque é opaca, porque non entendemos a teima do Alcalde, porque se está a cometer un desprestixio das institucións ao terxiversar votacións incluíndo novos membros ao gusto de Fole e Louzán”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario