Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

7/2/13

O PSdeG considera imprescindible que se convoque ao Consello Reitor da Fundación de Deportes para debatir sobre o proxecto do pádel en Fexdega


Consideran que, a tenor do tratado en ocasións anteriores neste órgano, a postura da concelleira de deportes no Padroado de Fexdega debe estar vinculada á postura que adoite o Consello Reitor

A petición maioritaria dos membros do Consello foi que os temas deportivos sobre Fexdega se debatisen nos órganos da Fundación de Deportes

Vilagarcía de Arousa, 7 de febreiro de 2013.- Os representantes do PSdeG no Consello Reitor da Fundación de Deportes, Miro Serén e Julio Torrado, expresaron hoxe a súa confianza en que a concelleira de deportes, Elena Suárez, convoque de maneira extraordinaria ao Consello Reitor da Fundación de Deportes se o Goberno Local decide abrir novamente o proceso de privatización de Fexdega para a instalación dunhas pistas de pádel.

Os socialistas lembran que no primeiro intento do Goberno por sacar adiante esta proposta a Fundación foi absolutamente ninguneada, ao non ser convocada nin con carácter consultivo nin para a toma de decisión con carácter vinculante. Lembran, ademáis, que existíu unha convocatoria “forzada polos clubes utilizando a posibilidade que recollen os estatutos” e que o Goberno Local retrasou ata celebrala despois de que o patronato de Fexdega tratara o tema con anterioridade, polo que a xuntanza do Consello Reitor non tivo ningún efecto. E tirando do recollido naquela reunión, os socialistas tamén recordan que a xuntanza servíu para que varios dos presentes demandaran a necesidade de aclarar a relación entre a Fundación de Deportes e a Fundación Fexdega, incluso coa sinatura dun convenio, para evitar aquelas situacións acontecidas anteriormente.

Apelando a aquel proceso, Serén e Torrado argumentan que a Fundación de Deportes terá extraído as conclusións necesarias para non cometer outra vez os mesmos erros, e desta volta non tentará de evitar que a Fundación se pronuncie. Agardan, ademáis, que a posición da concelleira de deportes na súa labor de representación no Padroado da Fundación Fexdega sexa vinculada á decisión que os membros do Consello Reitor tomen na súa xuntanza. Non sería a primeira vez, segundo argumentan dende o PSdeG, xa que en abril de 2012 foi tratada no Consello Reitor da Fundación unha proposta de concesión de espazo no mesmo recinto Fexdega a unha entidade deportiva privada, o Consello Reitor foi convocado para debater sobre o asunto e a decisión tomada foi acordada como “vinculante”, o cal foi refrendado pola unanimidade dos membros do Consello, incluída a actual presidenta da Fundación Elena Suárez. Así se realizou e a postura que o concelleiro de deportes naquel momento, Luis Garrigós, adoptou no Padroado de Fexdega respondeu ao acordó tomado no Consello Reitor.

Por todo isto, Miro Serén resumiu a postura dos socialistas manifestando que “confiamos en que se convoque, en tempo e forma esta vez, ao Consello Reitor da Fundación de Deportes. Agardamos ter toda a información sobre o proxecto que se pretende propor, e supoñemos que servirá para vincular a postura que adopte a concelleira-presidenta da Fundación de Deportes na súa labor de representación no Padroado de Fexdega”. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario