Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

4/2/13

Os socialistas de Vilagarcía denuncian a supresión de recursos sanitarios ante a pasividade do Goberno Local


O servizo de neuropediatría do Hospital do Salnés e a supresión do servizo médico en Vilaxoán foron eliminados deixando sen asistencia a moitos veciños de Vilagarcía e Comarca

Vilagarcía de Arousa, 04 de febreiro de 2013.- Os socialistas de Vilagarcía denuncian a supresión de recursos sanitarios en Vilagarcía, ao fío do anuncio, sen previo aviso, da supresión do servizo de neuropediatría do Hospital do Salnés. Este servizo levaba máis de dez anos funcionando no Salnés e agora se suprime, obrigando ás familias de Vilagarcía e Comarca a desprazarse a Pontevedra.
Outro claro exemplo desta supresión de servizos é a ausencia de médico no consultorio de Vilaxoán, que leva varios días sen facultativo porque o SERGAS non cubre a baixa ante a baixa do titular, obrigando aos veciños de Vilaxoán a desprazarse ao xa saturado Centro de Saúde de San Roque.
Con este tipo de medidas os socialistas denuncian que o PP, a través das decisión na Xunta de Galicia, e coa fatal complicidade de Gobernos locais do Partido Popular, como o de Vilagarcía que asisten impasibles a un desmantelamento do servizos sanitarios e non levanta a voz defendendo aos vecinos, está a deixar en estado de precariedade a atención sanitaria cidadá. A inevitable perda de calidade, pola merma de recursos, que está a sufrir a atención sanitaria é inaceptable para todos os cidadáns de Vilagarcía e da comarca de Arousa, que observan como despois o PP pretende xustificar medidas privatizadoras do ámbito sanitario apoiándose na ineficacia do sistema actual, cando son estas medidas drásticas as que dificultan unha asistencia de calidade que agora se sostén gracias ao traballo impagable dos profesionais.

Os socialistas denuncian a pasividade do Goberno local de Vilagarcía, especialmente do Alcalde, que lonxe de defender os intereses dos veciños de Vilagarcía e reclamar que se manteñan os recursos sanitarios, adoita, unha vez máis, a estratexia do avestruz, agocha a cabeza e acepta as decisións do seu partido no Goberno da Xunta. No caso concreto da ausencia de médico no consultorio de Vilaxoán, aos socialistas parécelles unha tomadura de pelo. “¿Que foi daquela promesa electoral de facer un centro de saúde en Vilaxoán, para descentralizar os servizos?”, pregunta a portavoz socialista no Concello de Vilagarcía, Tania García. “O Partido Popular tratou de enganar aos veciños con falsas promesas dun centro de saúde e agora nin cubre a baixa do médico. Pedímoslle ao Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, que dunha vez se poña a traballar en defensa de Vilagarcía e non permita a perda de recursos sanitarios en Vilagarcía”, concluiu García, que lembrou que esta situación tería sido resolta se o PP tomara o proxecto que o Partido Socialista tiña elaborado para construír un novo centro de saúde na Comandancia de Marina, amplo, accesible,… no terreo xa cedido para esa infraestrutura. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario