Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

30/1/13


Os socialistas de Vilagarcía pídenlle ao Goberno do PP que dea marcha no seu propósito de implantar a zona azul de pago
Para os socialistas un goberno está para resolver os problemas dos veciños, non para crearllos
Critican ao Concelleiro de Seguridade cidadá que dera máis explicacións nos medios de comunicación que ao Grupo Socialista no Pleno da súa comparecencia

Vilagarcía de Arousa, 30 de xaneiro de 2013.- O Partido Socialista de Vilagarcía pídelle ao Goberno Local de Vilagarcía que recapacite e dea marcha atrás na súa pretensión de implantar a zona azul de pago e a privatización das cámaras e dos radares. Os socialistas instan ao Goberno a escoitar a comerciantes, hostaleiros e cidadáns de Vilagarcía, os verdadeiros motores da economía da nosa localidade, e non se deixe encandilar polos cantos de serea de empresas cuxo único obxectivo é obter beneficios.

Para os socialistas un Goberno está para resolver problemas dos seus veciños e non para crearlos. De seguir adiante coa súa pretensión de cobrar por aparcar nas principais rúas de Vilagarcía as consecuencias para os comerciantes e os hostaleiros, pero tamén para todos os veciños de Vilagarcía, van a ser moi duras nun momento de serias dificultades económicas para moitas familias, con máis de 5.000 vilagarciáns en situación de desemprego. “Despois da importante subida de taxas e impostos municipais o Goberno, o Sr. Fole pretende sangrar aínda máis aos vilagarciáns, non é momento de levar adiante esta medidas a golpe de puntos suspensivos, senón de facilitarlle as cousas aos veciños.” Declarou a portavoz municipal, Tania García, quen tamén criticou ao Concelleiro de Seguridade Cidadá, Cholo Dorgambide, a súa falta de transparencia e oscuntarismo no pleno, “enterámonos polos medios de comunicación ao día seguinte de máis detalles da medida que na súa comparecencia no Pleno. É unha falta de respecto á Corporación.”

Os socialistas, como xa dixeron no Pleno, teñen a convición de que a Zona Azul tal é como foi plantexada no seu día polo Goberno Socialista de Javier Gago funciona, “foi o actual goberno quen deixou de controlar e vixiar a zona azul para sacar adiante esta medida de cobrar por aparcar na rúa. Hai medios dabondo para controlar a zona azul e, en todo caso, senón funciona é responsabilidade é do Goberno Local”. A portavoz municipal, Tania García, criticou ao Partido Popular non ter informado aos veciños na campaña electoral desta decisión, seguindo a tendencia habitual do PP de ocultar durante as eleccións o que pensan facer cando gobernan. García tamén recordou que os populares “plantexaban no seu programa electoral solucións para o aparcamento que nada teñen que ver coa pretensión de implantar unha gama de colorines e cobrar por aparcar para resolver o estacionamento en Vilagarcía”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario