Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

13/3/11

O candidato socialista á Alcaldía, Modesto Pose plantexa como obxectivo a recuperación do inmoble do antigo asilo para uso social

A idea é plantexada por Pose tras unha xuntanza con Cruz Vermella e a anterior visita a Cáritas
A xuntanza foi desenvolvida no albergue que a entidade dispón na súa sede de Vilagarcía, e que foi un dos temas principais da entrevista xunto cos proxectos principais desenvolvidos por Cruz Vermella hoxe en día.

Vilagarcía, 12 de marzo de 2011.- Modesto Pose, candidato do PSdeG á Alcaldía de Vilagarcía, visitou as instalacións de Cruz Vermella en Vilagarcía para coñecer as actividades e proxectos que esta entidade está a desenvolver. A secretaria da entidade a nivel provincial, María Jesús Fernández e a coordinadora comarcal de Cruz Vermella, Marian Vélez recibiron ao candidato socialista, que se fixo acompañar de Tania García, secretaria local do PSdeG de Vilagarcía e número 3 da candidatura socialista.

O albergue de Cruz Vermella foi o escenario da xuntanza, e tamén unha das cuestións tratadas de máis relevancia. As directivas da institución destacaron a importancia do albergue, e a súa utilización constante que contribúe a mellorar as posibilidades de asistencia aos máis necesitados. Todos os asistentes á xuntanza destacaron este proxecto como de vital importancia, e coincidiron na necesidade de manter o respaldo que o Concello está a ofrecer que, ademáis da participación na reforma da instalación, contribúe ao seu mantemento cunha importante axuda económica que dende Cruz Vermella consideran “imprescindible”. Pose e García reiteraron o seu compromiso con este proxecto, que foi incluído xa no programa electoral socialista de 2007, e que “dende logo non resolve por completo ningún problema, pero contribúe a axudar a que en Vilagarcía ninguén durma na rúa”, apuntou García.

Pose, pola súa banda, destacou a importancia fundamental da labor que entidades como Cruz Vermella realizan, “no estratos sociais menos favorecidos e con máis necesidades, que teñen que ser sempre un obxectivo. As sociedades evalúanse moitas veces polo seu nivel de riqueza, pero hai que valorar o nivel de avance dunha sociedade tamén pola atención que presta aos máis necesitados”.

Recuperación do antigo asilo

Despois das xuntanzas con Cáritas e Cruz Vermella, nas que as entidades plantexaron as demandas de máis espacio para o desenvolvemento de novos proxectos e actividades, o candidato socialista reflexionou sobre a casa do antigo asilo (o edificio situado entre as sedes destas dúas entidades), que pertence á Fundación Asilo-Hospitalillo, da que o Alcalde/Alcaldesa é un dos tres membros do seu padroado. Modesto Pose plantexou como obxectivo “recuperar o inmoble para a súa utilización social, o que daría moitísimas posibilidades para novos proxectos, actividades e instalacións das institucions sociais. É un obxectivo de profundo calado, e que repercutirá en mellores posibilidades de atención e servicio neste eido, que será chave na vindeira lexislatura”.

11/3/11

O candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, traballará para que Vilagarcía sexa obxeto da creación dun Hotel de alta gama.


O alcadable do PSdeG anuncia a creación do Patronato de Turismo.
Pose anuncia unha reunión, xa acordada e que sera convocada nas vindeiras semanas co Alcalde de Santiago para establecer propostas turísticas conxuntas coa capital.

Vilagarcía, 11 de marzo de 2011.- Modesto Pose presentou hoxe en rolda de prensa, acompañado do número 8 da candidatura socialista de Vilagarcía, Fernando Quintela, as liñas estratéxicas xerais do programa electoral en materia de Turismo do Partido Socialista.

Plantexou Pose que os socialistas entenden que “o Turismo en Vilagarcía non pode quedarse nunha concellería que faga xestión. Ten que ser unha aposta forte, que conciba o Turismo como unha industria que xenera emprego e actividade económica”. Para culminar esta idea, Pose considera fundamental a creación dun Patronato de Turismo, que recolla os esforzos dos sectores públicos e privados para potenciar ideas comúns e traballar nunha liña forte e conxunta en favor de Vilagarcía.

Vilagarcía é, para o candidato socialista, un punto xeográfico estratéxico de explotación turística. Así, a súa vinculación coa comarca e ría de Arousa, “coa que hai que traballar en conxunto, e non en competencia” son elementos chave da futura xestión. Tamén a tradicional relación con Santiago é básica neste plantexamento estratéxico, e para asentar esta perspectiva Pose adiantou que nas vindeiras semanas manterá unha xuntanza de traballo co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para analizar propostas conxuntas en materia turística na que Vilagarcía e Santiago, “son complementarias”, plasmou Pose.

De maneria concreta, os membros da candidatura socialista avanzaron algunhas medidas concretas que o goberno municipal levará a cabo baixo o seu mandato. Entre estas, destaca a aposta pola creación dun hotel de alta calidade, que complemente a oferta xa existente en Vilagarcía “que axudaría á ofertar a nosa cidade como lugar de congresos e eventos”. Neste sentido, e tamén pensando en eventos puntuais culturais ou deportivos, Pose plantexou a idea de firmar un convenio co ISM de Bamio, que daría a posibilidade de acoller grandes números de persoas para este tipo de actividades.

Tamén quixo destacar Pose a aposta por un “turismo verde”, coa aposta principal por poñer en valor a Illa de Cortegada, recuperada para o pobo de Carril durante esta última lexislatura, e integrala nun conxunto de propostas medioambientais que os socialistas están a estudiar para o seu programa e posterior desenvolvemento, coas rutas de senderismo ou os petroglifos de Xiabre. 

10/3/11

O fraude da fichaxe estrela do PP

A fichaxe estrela do PP, experto en temas deportivos, leva sen asistir ás reunións da Fundación de Deportes dende que foi nomeado, hai 3 anos


Vilagarcía de Arousa, 07 de marzo de 2011.- O Partido Popular de Vilagarcía ven de presentar á súa fichaxe estrela, Luis Garrigós, ao parecer experto en xestión deportiva en eventos e actividades fora de Vilagarcía. O Partido Socialista de Vilagarcía sorpréndese desta aposta de Tomás Fole, dado que o interese agora mostrado polos populares, representado na presentación do sr. Garrigós como primeiro integrante da candidatura, resulta cando menos incoherente.

O Partido Socialista quere dar a benvida a Luis Garrigós á política municipal, e confía en que a partir de agora a súa implicación co deporte municipal sexa real, e non se quede nos nomeamentos e nas apariencias. Ata o de agora, o que o deporte local sabe de Luis Garrigós é que foi nomeado representante do PP na Xunta Rectora da Fundación Pública de Servicios Deportivos Municipais (adxúntase acta do pleno de 28 de febreiro de 2008 – punto 3, páxina 5), pero resulta que todavía non asistiu a ningunha das xuntanzas de dito órgano. Este aparente interés no deporte local que se quixo mostrar na presentación de Luis Garrigós, enfronta coa realidade que mostra o seu traballo na FPSDM, nulo, o que deixa serias dúbidas sobre o seu compromiso real.

En todo caso, dende agora Garrigós ten unha inmellorable oportunidade para iniciar a súa presencia neste órgano, e comezar a informarse da situación do deporte en Vilagarcía, no que a FPSDM, con todos os membros que si asisten, está a traballar dende hai tempo e con moito acerto.

5/3/11

Modesto Pose visita Cáritas, ampliando a súa rolda de contactos ás entidades de carácter social

A directiva de Cáritas expoñen ao candidato socialista á Alcaldía a súa labor ante a difícil situación económica que estamos a vivir
Pose amplía aos colectivos socias a súa rolda de xuntanzas de traballo, que continuará a semana próxima con Cruz Vermella

Vilagarcía de Arousa, 05 de marzo de 2011.- O candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, visitou as instalacións de Cáritas en Vilagarcía. A visita serviu para manter unha xuntanza coa directiva da entidade social, que lle transmitiu a Pose a súa visión sobre a situación actual de Vilagarcía e a importancia da súa labor. Modesto Pose foi acompañado na visita pola Secretaria Xeral do PSdeG en Vilagarcía e número 3 da candidatura socialista ás vindeiras eleccións municipais, Tania García, traballadora social e membro do equipo de voluntariado de Cáritas. 

Durante a xuntanza, conveniuse na necesidade de implementar a coordinación dos esforzos de todas as entidades de ámbito social da localidade, e incidiuse na necesidade de reforzar os recursos para as persoas en situación de risco ou exclusión social. Os socialistas recolleron as propostas da directiva de Cáritas e coincidiron na importancia da posta en funcionamento do albergue para persoas sen fogar, proxecto xa feito realidade polo Goberno local e que foi unha das grandes apostas dos socialistas para o seu programa de goberno en 2007.

Para Modesto Pose, "a labor que desenvolven as entidades sociais, sendo Cáritas un exemplo modelo, resulta sempre fundamental, pero aínda o é máis dados os tempos que vivimos. Realmente, sen a labor desinteresada de tanta xente, e a súa vontade de traballo para os demáis, estaríamos nunha situación moito máis grave". 

Esta visita forma parte da rolda de contactos que o candidato socialista iniciou con diferentes entidades de Vilagarcía, comenzada no eido sindical e patronal e continuada coa xuntanza de traballo coa asociación de hosteleiros (e coa xuntanza que a vindeira semana manterá con Zona Aberta). Esta liña de entrevistas amplíase agora ás asociacións e entidades de carácter máis social como Cáritas ou Cruz Vermella, á que visitará a semana próxima, así como demáis colectivos deste campo cos que está previsto contactar para coñecer as súas aportacións.

3/3/11

O Partido Socialista considera clarificadoras as explicacións do concelleiro José Membrives sobre as súas actuacións na concellería de Persoal


Os datos desmontan por completo a campaña de difamación verquida sobre Membrives e Susana Camiño por algúns membros de UGT – Concello

Os socialistas consideran que o traballo deféndese traballando, e non utilizando os recursos dunha organización para pelexar por privilexios persoais

Vilagarcía de Arousa, 03 de marzo de 2011.- A Comisión Executiva Municipal de Vilagarcía do PSdeG, ante algúns comentarios interesados surxidos dende algúns militantes da sección da FSP – Pontevedra do sindicato UGT, quere manifestar o seu respaldo ao concelleiro de Persoal do Concello de Vilagarcía, José Membrives, e por extensión ás súas decisións tomadas neste area.

Como foi público, o Concelleiro José Membrives está a dar constantes e clarificadoras explicacións sobre as súas accións, especialmente sobre aquelas que eses membros do sindicato están a difundir informacións falsas e difamatorias, e neste punto tamén resulta necesario mostrar o apoio total á concelleira Susana Camiño, involucrada tamén nesta difusión de información terxiversada.

Resulta innegable que para os socialistas, o sindicato UGT ten unha significación particular e unha importancia fundamental na acción social, polo que as relacións son de especial relevancia. É por isto que consideramos pouco apropiada a conducta que están a exercer algúns membros, que abandoaron unha das principais tarefas da acción sindical como é chegar a acordos nas mesas de negociación, amparándose en cuestións puramente persoais. Valoramos que estas actuacións non representan ao global do sindicato UGT, nin á maioría dos seus afiliados que están fora de toda dúbida, senón que son froito do interese de determinados membros que se amparan na súa labor sindical para defender os priliexios de uns poucos baseados en cuestións persoais.

É indiscutible que o traballo deféndese traballando. Non existen mecanismos alternativos, nin intentonas de coacción e intimidación posibles con reparto de pasquíns, demandas e presións mediáticas para obter resultados que non son xustos.  O concelleiro Membrives ven desenvolvendo unha labor na concellería na que prima a igualdade de oportunidades para todos, o trato xusto a todos os traballadores (independentemente de quen sexa cada un) e a defensa da calidade e estabilidade do traballo. UGT ten a oportunidade de retomar a súa actividade sindical, profundamente lexítima e absolutamente necesaria, pola vía das accións naturais, do diálogo e do entendemento. Sería positivo para todos, e especialmente para eles mesmos, que toda a forza da súa organización se canalizara polas vías habituais e abandoaran a confrontación irracional para poder loitar pola defensa dos traballadores dende as institucións, e non contra elas.

2/3/11

FORO DE INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS


VENRES 4 DE MARZO
Lugar: Vilagarcía
Recinto: Auditorio (Sala de Conferencias) (Avd. da Marina, s/n)


DESENROLO
17.00 h. Inauguración do Foro
Intervencións de Modesto Pose e Pachi Vázquez

17.30-18.30 Ponencia: “A innovación e a tecnolixía como factores de desenvolvemento social e económico no eido local”
Xoaquín Fernández Leiceaga, Parlamentario autonómico e menbro da candidatura ao Concello de Santiago de Compostela.

18.30-20.00 Mesa Redonda:
Obdulia Taboadela, Concelleira de Urbanismo de A Coruña
Urbanismo en rede, transparencia e participación. Unha administración máis próxima
Miguel Bautista Carballo, Alcalde de Petín.
As redes sociais. A globalización tamén chega aos pequenos concellos
Miguel Angel Vilar Ribas, Voceiro de Rábade.
As tecnoloxías como ferramenta de comunicación nos pequenos concellos
Enma Torres Romay, Concelleira de O Grove, e Secretaria da area de Novas Tecnoloxías e Comunicación da Comisión Executiva Provincial de Pontevedra.
Novas tecnoloxías na política global

CANDIDATURA DO PSdeG-PSOE ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS


CANDIDATURA ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2011


  1. Modesto Pose Mesura.
  2. Manuel Rodríguez Cuervo.
  3. Tania García Sanmartín.
  4. Argimiro Serén Mera.
  5. Susana Camiño Pérez.
  6. Lino Mouriño Santiago.
  7. Eva María Pesado Muñiz.
  8. Fernando Quintela Gallego.
  9. Álvaro Carou García.
  10. Sara Veloso García.
  11. Silvia Rubianes Meléndez.
  12. Satiro Doval Rubianes.
  13. Sonia Outón Casal.
  14. Reyes Casabella Mouta.
  15. Severino González Rollán.
  16. Dolores Santamaría Prado.
  17. Jaime Saborido Conde
  18. Isabel Siso Gonzalo.
  19. José Rafael Membrives Rojas.
  20. Victoria Hierro Lorenzo.
  21. Faustino Laya Torreiro.

SUPLENTES

  1. Yolanda Carrera Lorenzo.
  2. Juan Antonio Pérez Callón.
  3. Ramiro Bandín Barreiro.