Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

3/3/11

O Partido Socialista considera clarificadoras as explicacións do concelleiro José Membrives sobre as súas actuacións na concellería de Persoal


Os datos desmontan por completo a campaña de difamación verquida sobre Membrives e Susana Camiño por algúns membros de UGT – Concello

Os socialistas consideran que o traballo deféndese traballando, e non utilizando os recursos dunha organización para pelexar por privilexios persoais

Vilagarcía de Arousa, 03 de marzo de 2011.- A Comisión Executiva Municipal de Vilagarcía do PSdeG, ante algúns comentarios interesados surxidos dende algúns militantes da sección da FSP – Pontevedra do sindicato UGT, quere manifestar o seu respaldo ao concelleiro de Persoal do Concello de Vilagarcía, José Membrives, e por extensión ás súas decisións tomadas neste area.

Como foi público, o Concelleiro José Membrives está a dar constantes e clarificadoras explicacións sobre as súas accións, especialmente sobre aquelas que eses membros do sindicato están a difundir informacións falsas e difamatorias, e neste punto tamén resulta necesario mostrar o apoio total á concelleira Susana Camiño, involucrada tamén nesta difusión de información terxiversada.

Resulta innegable que para os socialistas, o sindicato UGT ten unha significación particular e unha importancia fundamental na acción social, polo que as relacións son de especial relevancia. É por isto que consideramos pouco apropiada a conducta que están a exercer algúns membros, que abandoaron unha das principais tarefas da acción sindical como é chegar a acordos nas mesas de negociación, amparándose en cuestións puramente persoais. Valoramos que estas actuacións non representan ao global do sindicato UGT, nin á maioría dos seus afiliados que están fora de toda dúbida, senón que son froito do interese de determinados membros que se amparan na súa labor sindical para defender os priliexios de uns poucos baseados en cuestións persoais.

É indiscutible que o traballo deféndese traballando. Non existen mecanismos alternativos, nin intentonas de coacción e intimidación posibles con reparto de pasquíns, demandas e presións mediáticas para obter resultados que non son xustos.  O concelleiro Membrives ven desenvolvendo unha labor na concellería na que prima a igualdade de oportunidades para todos, o trato xusto a todos os traballadores (independentemente de quen sexa cada un) e a defensa da calidade e estabilidade do traballo. UGT ten a oportunidade de retomar a súa actividade sindical, profundamente lexítima e absolutamente necesaria, pola vía das accións naturais, do diálogo e do entendemento. Sería positivo para todos, e especialmente para eles mesmos, que toda a forza da súa organización se canalizara polas vías habituais e abandoaran a confrontación irracional para poder loitar pola defensa dos traballadores dende as institucións, e non contra elas.

2/3/11

FORO DE INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS


VENRES 4 DE MARZO
Lugar: Vilagarcía
Recinto: Auditorio (Sala de Conferencias) (Avd. da Marina, s/n)


DESENROLO
17.00 h. Inauguración do Foro
Intervencións de Modesto Pose e Pachi Vázquez

17.30-18.30 Ponencia: “A innovación e a tecnolixía como factores de desenvolvemento social e económico no eido local”
Xoaquín Fernández Leiceaga, Parlamentario autonómico e menbro da candidatura ao Concello de Santiago de Compostela.

18.30-20.00 Mesa Redonda:
Obdulia Taboadela, Concelleira de Urbanismo de A Coruña
Urbanismo en rede, transparencia e participación. Unha administración máis próxima
Miguel Bautista Carballo, Alcalde de Petín.
As redes sociais. A globalización tamén chega aos pequenos concellos
Miguel Angel Vilar Ribas, Voceiro de Rábade.
As tecnoloxías como ferramenta de comunicación nos pequenos concellos
Enma Torres Romay, Concelleira de O Grove, e Secretaria da area de Novas Tecnoloxías e Comunicación da Comisión Executiva Provincial de Pontevedra.
Novas tecnoloxías na política global

CANDIDATURA DO PSdeG-PSOE ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS


CANDIDATURA ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2011


  1. Modesto Pose Mesura.
  2. Manuel Rodríguez Cuervo.
  3. Tania García Sanmartín.
  4. Argimiro Serén Mera.
  5. Susana Camiño Pérez.
  6. Lino Mouriño Santiago.
  7. Eva María Pesado Muñiz.
  8. Fernando Quintela Gallego.
  9. Álvaro Carou García.
  10. Sara Veloso García.
  11. Silvia Rubianes Meléndez.
  12. Satiro Doval Rubianes.
  13. Sonia Outón Casal.
  14. Reyes Casabella Mouta.
  15. Severino González Rollán.
  16. Dolores Santamaría Prado.
  17. Jaime Saborido Conde
  18. Isabel Siso Gonzalo.
  19. José Rafael Membrives Rojas.
  20. Victoria Hierro Lorenzo.
  21. Faustino Laya Torreiro.

SUPLENTES

  1. Yolanda Carrera Lorenzo.
  2. Juan Antonio Pérez Callón.
  3. Ramiro Bandín Barreiro.

    27/2/11

    Tania García e Miro Serén serán os números 3 e 4 da candidatura socialista

    O pasado sábado serviu para a presentanción de Tania García e Miro Serén como números 3 e 4 da candidatura que encabezará Modesto Pose nas eleccións municipais 2011. Esta presentación sirve para completar os 4 primeiros postos, despois de que Manuel R. Cuervo xa fora anunciado como número 2 no día anterior.

    Modesto Pose fixo as presentacións de ambos, e destacou de Tania García "a súa forza e ilusión, sumadas á valía que ven demostrando tanto como Secretaria Xeral do Partido en Vilagarcía como na súa labor como concelleira nos últimos meses". Añadiu Pose que "Tania aportará a esta lista moito esforzo e traballo, e unha vontade firme de resolver problemas para os veciños". Destacou Modesto Pose que "Tania é coñecida públicamente dende hai pouco, pero a súa labor no partido vense desenvolvendo dende hai moitos anos". Pola súa banda, a Secretaria Xeral e tamén concelleira de Ordeación do Territorio dende a última reordenación do goberno municipal, mostrou a súa "ilusión por representar ao Partido Socialista. Eu son militante xusto despois das eleccións xerais de 2000, na que Aznar obtivo unha maioría absoluta, e fíxenno porque creo neste partido e na valía do modelo socialista para a nosa sociedade".



    Modesto Pose tamén destacou a importancia da incorporación de Miro Serén, director do colexio do Piñeiriño, militante do partido e membro da Comisión Executiva Provincial, que "dará á candidatura moito coñecemento, reflexión, rigor e análise". De esta incorporación destacou Pose que "Miro só puxo enriba da mesa unha condición: que a educación xogara un papel fundamental nas políticas dos socialistas os vindeiros 4 anos". Esta versión reafirmouna o propio Miro Serén, que destacou que "a educación é un dos pilares fundamentais da nosa política, e terá un peso específico nestes anos". Froito desta importancia, el mesmo presentou tres plantexamentos que para os socialistas son fundamentais no eido educativo en Vilagarcía e que serán base do seu programa: a ampliación do centro educativo de A Escardia, a xestión para a construcción do novo Colexio de Carril e a ampliación de prazas de gardería pública para nenos de 0-3 anos en Vilagarcía.

    Modesto Pose presenta Manuel R. Cuervo como número 2 da candidatura

    O pasado venres o candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, presentou públicamente a Manuel Rodríguez Cuervo como o seu número 2 na candidatura ás Eleccións Municipais 2011.

    Este acto, que contou coa presencia de varios membros da Comisión Executiva Municipal, serviu para que Pose e Cuervo mostraran a súa vontade de traballar arreo para que os socialistas continúen a gobernar Vilagarcía.

    Modesto Pose presentou a Manuel R. Cuervo como un "traballador infatigable", que "coñece Vilagarcía, e sobre todo o eido rural, como ninguén na nosa cidade". Pose destacou que "Manuel R. Cuervo é un artífice de que o PSdeG sexa goberno de Vilagarcía, e durante toda a súa carreira política ven traballando para que isto siga sendo así, como así será.

    Manuel R. Cuervo, pola súa parte, mostrou toda a súa disposición para "ser un membro máis dun grupo que fará que o Partido Socialista seguirá sendo goberno de Vilagarcía". O concelleiro fixo público hai uns días un escrito no que mostraba a súa disposición a abandonar a política activa. Sen embargo, Cuervo explicou que "a persistencia de Modesto Pose, e o feito de que eu sexa tido en conta de tal manera fíxome reconsiderar a miña postura e aceptar o número 2 da candidatura de Modesto Pose, que será o alcalde de Vilagarcía".

    Modesto Pose e a asociación de hosteleiros Ahituvi reúnense para intercambiar impresións sobre as potencialidades e posibilidades de Vilagarcía

     Pose e os representantes dos hosteleiros coinciden na necesidade dunha “visión estratéxica profunda para Vilagarcía”, e na importancia de que ésta viva “ao lado do mar e da comarca, e non de costas e en competición cos Concellos próximos”.

    Vilagarcía de Arousa, 24 de febreiro de 2011.- Modesto Pose, candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Vilagarcía, acompañado da Secretaria Xeral do PsdeG Tania García e membros da Comisión Executiva Municipal dos socialistas, mantiveron unha xuntanza o pasado mércores a última hora da tarde con directivos e membros de Ahituvi, a Asociación de Hosteleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía.

    Nun primeiro momento, Pose destacou “a importancia do asociacionismo en todos os sectores, pero de xeito especial na hostelería nun lugar como Vilagarcía por dúas razóns: a nosa vila merece un plantexamento coordinado entre este sector e as institucións públicas, e a importancia de fomentar unha hostelería de calidade, coa que os cidadáns e visitantes síntanse a gusto e poidan desfrutar de todas as oportunidades que Vilagarcía ofrece”. Dende a asociación insistiuse no feito de que este é un proxecto que xa ten moito pulo, que naceu da vontade dos que levan toda a súa vida adicados á hostelería en Vilagarcía e que confían en darlle cada vez máis consistencia para que perdure no tempo.

    Nesta xuntanza foron tratados diversos temas que afecten a Vilagarcía, pois como destacaron os hosteleiros, “para nós o fundamental é que Vilagarcía teña actividade. Despois, nós xa faremos o noso esforzo para que os nosos proxectos e pequenas empresas sexan productivas, pero o obxectivo principal é Vilagarcía”. No mesmo senso, Modesto Pose destacou que “a hostelería é un sector que sirve como medida da nosa vila, pois se a hostelería vai ben é que Vilagarcía vai ben, e á inversa”.

    Ademáis, serviu este encontro para plantexar as cuestións de maior interese específico para os asociados, como a ordenanza de terrazas, a humanización da cidade, dinamización do eido turístico, etc. Tanto os representantes dos hosteleiros como os membros socialistas coincidiron plenamente na necesidade de que Vilagarcía non avance “de costas á comarca, senón ao lado”, establecendo políticas e iniciativas comúns para potenciar unha visión común da Ría de Arousa, da que Vilagarcía sempre vai sair fortalecidos.

    Ante todos estes temas, Modesto Pose expuxo con claridade que “na miña labor como Alcalde de Vilagarcía, todas as cuestións serán tratadas, por riba de todo, con sentido común e atención ás propostas e suxerencias que se fagan”, e terminou expresando a súa “total e aberta colaboración cos hosteleiros para traballar conxuntamente na búsqueda de obxectivos ambiciosos a medio e largo prazo”.

    Modesto Pose continúa a súa rolda de xuntanzas cos axentes sociais entrevistándose coa directiva de FECA


    O candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Vilagarcía trasladou aos empresarios que o aspecto principal do seu programa será a xeración de emprego e consolidación do emprego, para o cual considera fundamental a implicación das asociacións empresariais.

    Vilagarcía de Arousa, 23 de febreiro de 2011.- Modesto Pose continuou hoxe coa rolda de contactos que está a manter cos axentes sociais, iniciada a semana pasada coa xuntanza con UGT, sostendo unha entrevista de traballo coa dirección da Federación de Empresarios da Comarca de Arousa. Nesta xuntanza, os empresarios trasladaron a Pose as súas inquedanzas e perspectivas sobre a situación económica e social de Vilagarcía.

    O candidato socialista á alcaldía quixo expor aos membros de FECA o seu prioritario interese pola promoción económica e a xeración de actividade empresarial en Vilagarcía, que repercutirá inevitablemente na creación de emprego, aspecto que para Modesto Pose constitúe o principal e absoluto obxectivo nestes tempos. Pose declarou que “é preciso que dende todas as institucións, públicas e privadas, teñamos claro un rumbo común destinado a afrontar as dificultades nas que hoxe en día nos vemos inmersos. O futuro de Vilagarcía pasa por acoller novas iniciativas empresarias e fortalecer o tecido xa existente, de cara a conseguir xerar novo emprego e consolidar o xa existente, obxectivo para o que porei todo o meu empeño.”

    Na súa perspectiva como deputado autonómico e secretario provincial de Pontevedra do PSdeG, Modesto Pose apuntou que “a superación dos momentos difíciles xorde da colaboración de todos os axentes sociais e representantes políticos, que temos a responsabilidade de dar resposta ás preocupacións dos cidadáns”. En conclusión, Pose recalcou: “todos estamos no mesmo barco da recuperación económica, e o meu empeño é aunar esforzos de todos para acadar, canto antes, ese obxectivo”.