Vilagarcía de Arousa, 24 de febreiro de 2011.- Modesto Pose, candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Vilagarcía, acompañado da Secretaria Xeral do PsdeG Tania García e membros da Comisión Executiva Municipal dos socialistas, mantiveron unha xuntanza o pasado mércores a última hora da tarde con directivos e membros de Ahituvi, a Asociación de Hosteleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía.
Nun primeiro momento, Pose destacou “a importancia do asociacionismo en todos os sectores, pero de xeito especial na hostelería nun lugar como Vilagarcía por dúas razóns: a nosa vila merece un plantexamento coordinado entre este sector e as institucións públicas, e a importancia de fomentar unha hostelería de calidade, coa que os cidadáns e visitantes síntanse a gusto e poidan desfrutar de todas as oportunidades que Vilagarcía ofrece”. Dende a asociación insistiuse no feito de que este é un proxecto que xa ten moito pulo, que naceu da vontade dos que levan toda a súa vida adicados á hostelería en Vilagarcía e que confían en darlle cada vez máis consistencia para que perdure no tempo.
Nesta xuntanza foron tratados diversos temas que afecten a Vilagarcía, pois como destacaron os hosteleiros, “para nós o fundamental é que Vilagarcía teña actividade. Despois, nós xa faremos o noso esforzo para que os nosos proxectos e pequenas empresas sexan productivas, pero o obxectivo principal é Vilagarcía”. No mesmo senso, Modesto Pose destacou que “a hostelería é un sector que sirve como medida da nosa vila, pois se a hostelería vai ben é que Vilagarcía vai ben, e á inversa”.
Ademáis, serviu este encontro para plantexar as cuestións de maior interese específico para os asociados, como a ordenanza de terrazas, a humanización da cidade, dinamización do eido turístico, etc. Tanto os representantes dos hosteleiros como os membros socialistas coincidiron plenamente na necesidade de que Vilagarcía non avance “de costas á comarca, senón ao lado”, establecendo políticas e iniciativas comúns para potenciar unha visión común da Ría de Arousa, da que Vilagarcía sempre vai sair fortalecidos.
Ante todos estes temas, Modesto Pose expuxo con claridade que “na miña labor como Alcalde de Vilagarcía, todas as cuestións serán tratadas, por riba de todo, con sentido común e atención ás propostas e suxerencias que se fagan”, e terminou expresando a súa “total e aberta colaboración cos hosteleiros para traballar conxuntamente na búsqueda de obxectivos ambiciosos a medio e largo prazo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario