O pasado sábado serviu para a presentanción de Tania García e Miro Serén como números 3 e 4 da candidatura que encabezará Modesto Pose nas eleccións municipais 2011. Esta presentación sirve para completar os 4 primeiros postos, despois de que Manuel R. Cuervo xa fora anunciado como número 2 no día anterior.
Modesto Pose fixo as presentacións de ambos, e destacou de Tania García "a súa forza e ilusión, sumadas á valía que ven demostrando tanto como Secretaria Xeral do Partido en Vilagarcía como na súa labor como concelleira nos últimos meses". Añadiu Pose que "Tania aportará a esta lista moito esforzo e traballo, e unha vontade firme de resolver problemas para os veciños". Destacou Modesto Pose que "Tania é coñecida públicamente dende hai pouco, pero a súa labor no partido vense desenvolvendo dende hai moitos anos". Pola súa banda, a Secretaria Xeral e tamén concelleira de Ordeación do Territorio dende a última reordenación do goberno municipal, mostrou a súa "ilusión por representar ao Partido Socialista. Eu son militante xusto despois das eleccións xerais de 2000, na que Aznar obtivo unha maioría absoluta, e fíxenno porque creo neste partido e na valía do modelo socialista para a nosa sociedade".
Modesto Pose tamén destacou a importancia da incorporación de Miro Serén, director do colexio do Piñeiriño, militante do partido e membro da Comisión Executiva Provincial, que "dará á candidatura moito coñecemento, reflexión, rigor e análise". De esta incorporación destacou Pose que "Miro só puxo enriba da mesa unha condición: que a educación xogara un papel fundamental nas políticas dos socialistas os vindeiros 4 anos". Esta versión reafirmouna o propio Miro Serén, que destacou que "a educación é un dos pilares fundamentais da nosa política, e terá un peso específico nestes anos". Froito desta importancia, el mesmo presentou tres plantexamentos que para os socialistas son fundamentais no eido educativo en Vilagarcía e que serán base do seu programa: a ampliación do centro educativo de A Escardia, a xestión para a construcción do novo Colexio de Carril e a ampliación de prazas de gardería pública para nenos de 0-3 anos en Vilagarcía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario