Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

25/4/12

O Goberno Municipal roza o absurdo presentando ao Pleno unha única ordenanza municipal, que prohíbe andar en patinete pola rúa


Esta única iniciativa do bipartito de dereitas amosa o escaso nivel político deste Goberno Municipal.
A ordenanza multa as xuntanzas de varias personas nunha beirarrúa, supostamente por molestar o paso.

Vilagarcía de Arousa, 25 de abril de 2012.- O bipartito de dereitas PP-IVIL que conforma o Goberno Municipal de Vilagarcía está a conseguir superarse a si mesmo e está a tramitar a presentación, para o vindeiro Pleno Municipal, dunha ordenanza municipal que regule a movilidad na cidade. Sen embargo, lonxe de ser esta unha medida complementaria a outras iniciativas que se centren en temas de economía e emprego na nosa localidade, resulta ser a única iniciativa que todo un Goberno Municipal é quen de presentar. O feito de presentar unha única iniciativa en todo un mes de traballo non é novo, pois este mesmo Goberno xa deu este baixo nivel de traballo noutros plenos que tan só presentaron unha única iniciativa. Sen embargo, unha breve análise da ordenanza a debatir ofrece unha visión preocupante da xestión municipal.

A ordenanza de movilidade que o bipartito de dereitas vai presentar baséase na surrealista prohibición de actividades como que un neno/a de 9 anos ande en patinete pola rúa ou que non se agrupen demasiadas persoas xuntas nunha beirrarúa. De feito, este tipo de conductas pode levar a sancións e multas.

Ante tal demostración de xestión municipal, os representantes do Partido Socialista pregúntanse se estes son os temas prioritarios e que merecen tanta adicación para o Goberno Municipal. A portavoz socialista no Concello, Tania García, valorou hoxe que “na situación na que nos atopamos, coas encrucilladas económicas e políticas de calado e importancia que existen, e a incertidume sobre o Estado de Benestar que o Goberno de Estado está a difundir, o Goberno Municipal soamentes foi noticia este mes por talar uns árbores para facer aparcamentos e por prohibir andar en patinete”.

A ordenanza a presentar, ademáis de recoller cuestións tan perigosas como abrir a porta a que varias persoas sexan multadas polo único feito de deterse a falar na rúa (cuestión que trae lembranzas difícilmente expicables), presenta ademáis diversas contradiccións coa acción deste equipo de goberno. Cabe lembrar que entre as decisión do Alcalde Tomás Fole está a de eliminar prazas de policía municipal ao non amortizar as do persoal que se xubile. Daquela cabe interpretar que, ademáis de ser menos número de efectivos, a policía terá agora a dura, impagable e laboriosa misión de perseguir rapaces en patinete para identificar e comprobar a súa idade por se están a incumprir a lei. Se cadra, o concelleiro responsable do área que presenta a ordenanza, Cholo Dorgambide, terá en mente a chegada dos Rangers de Texas para axudar a esta tarefa.

En realidade, o preocupante deste asunto é que este bipartito de dereitas está a presentar unha pobre e delirante xestión municipal no que unha das súas patas, o PP, non presenta ningunha iniciativa a un pleno tendo 10 concelleiros, o Alcalde soamentes apareceu en escena este mes para talar árbores e o único concelleiro de IVIL presentará esta ordenanza que só pretende regular con lei e sancións o que para todos os demáis cidadáns, semella que á excepción do propio Goberno, parécelle absurdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario