Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

7/4/12

O Partido Socialista celebra que o Goberno Local entre e razón e asuma as ideas que lle foron plantexadas na xestión das praias de A Concha e Compostela


Lembran que a idea de promover os espazos verdes con herba na praia foi decisión do Goberno anterior, criticada con dureza por Tomás Fole
Solicítanlle ao goberno que continúe coa instalación de equipamentos lúdicos-deportivos permanentes, como fixo o anterior goberno, e non en hinchables que supuxeron un gasto de  20.000€  para cinco días

Vilagarcía de Arousa, 7 de abril de 2012­.- O Partido Socialista de Vilagarcía manifesta a súa felicitación ao Goberno Local pola súa decisión de apostar definitivamente pola herba nas praias de A Concha e Compostela, no espazo entre o paseo e a duna, a pesares das súas fortes reticencias iniciais. Esta decisión xa fora tomada polo Goberno anterior, en conformidade cos técnicos municipais, como parte dunha concepción da praia en tres partes: paseo, zona lúdico-deportiva (entre o paseo e a duna) e praia (entre a duna e o mar). Neste espazo lúdico a herba contribúe, por exemplo, a aplacar o levantamento de polvaredas que afecta tanto aos paseantes coma aos veciños e comerciantes da zona

Lembran os socialistas que no seu programa electoral xa apostaban por continuar con este modelo que se estaba a impulsar dende Ravella, que mantiña o verde natural en toda a zona de area que non é utilizada como praia, contribuíndo tamén a facer deste un espazo máis atractivo, máis acolledor e mellor para o desfrute de actividades. Sen embargo, dende o Partido Socialista non esquecen as duras críticas que recibiron por parte de Tomás Fole debido a esta decisión, dicindo que estaba sucia e daba mala imaxe por mor da zona verde. Lembran os socialistas, ademáis, que as directrices europeas apostan por manter os elementos naturais nas praias.

Pero ademais, e dada a tendencia de Tomás Fole a recoñecer as boas decisións dos socialistas, estes queren lembrarlle ao Alcalde que continúe coa instalación de equipamentos lúdico-deportivos, como fixo o anterior goberno, coma os aparatos de ximnasia, a rede tridimensional e unha tirolina, que aínda non está en funcionamento. Fronte a este investimento que dotará á praia de material permanente, o verán pasado foron gastados 20.000€ en hinchables para cinco días, o cal choca coa pretendida política de austeridade e o argumento da falta de fondos que esgrime Fole só nos temas que lle interesa. Ademais, os socialistas recomendan que se potencie o espazo intermedio da praia para o desenvolvemento de actividades deportivas, como xa se viña facendo nos últimos anos, pois é un entorno fantástico para elo. Por último, apostan por continuar esas relacións con colectivos como Ahituvi non únicamente para solicitarlle a súa implicación como fixo o Alcalde nestes últimos días, senón para apostar por proxectos comúns como os que deron lugar na anterior lexislatura á creación de actividades como as sesións de chill-out na praia, que foron todo un éxito e nos que a hostalería vilagarciá vén dando mostras de bo facer nos últimos tempos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario