Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

2/4/12

Tania García, Modesto Pose e Guillermo Meijón reúnense cos veciños de Sobradelo afectados polas expropiacións de Fomento


O colectivo solicitou por dúas veces unha xuntanza co Alcalde de Vilagarcía, que aínda non os recibiu

Vilagarcía de Arousa, 2 de abril de 2012.- A secretaria xeral do PSdeG de Vilagarcía, e portavoz dos socialistas no Concello, Tania García, o parlamentario Modesto Pose e o deputado no Congreso, o tamén socialista Guillermo Meijón, reuníronse esta mañá co colectivo de afectados das expropiacións feitas con motivo da apertura do vial de enlace Porto-AP9.

Nesta xuntanza o novo deputado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a situacións destes afectados, e as súas reclamacións para cobrar o correspondente ás expropiacións e as temas pendentes de resolver desta infraestrutura. Os representantes socialistas analizaron co colectivo a situación e as súas reclamacións. O Deputado Guillermo Meijón comprometeuse cos afectados a presentar iniciativas na Cámara para coñecer a previsión nos pagos, “preguntaremos para que nos respondan por escrito sobre a previsión nos pagos e para que nos concreten as cantidades aínda pendentes”. Meijón tamén compremeteu a sús disposición para una pronta resolución dalgunhas deficiencias e melloras da obra, “os novos viais que se abriron, coma o que conecta o vial co complexo deportivo de Fontecarmoa, xa son competencia municipal é responsabilidade do Goberno Local incluílos no vixente Plan Xeral, ordenalos e urbanizalos”, sinalou Tania García.
Os socialistas que xa mantiveron numerosas xuntanzas cos veciños, recordáronlles unha vez máis a dificultade para cobrar nestes casos nos que os veciños recurren xudicialmente as indemnizacións, e precisan tamén que xa hai moitas persoas que sendo Ministro José Blanco xa cobraron polas expropiacións das súas propiedades.

García, Pose e Meijón mostraron o seu apoio ás reclamacións dos afectados, e puxéronse a súa disposición para servir de vía ante o Ministerio de Fomento que hoxe dirixe Ana Pastor, co obxectivo de resolver a situación canto antes.

Ao finalizar a xuntanza Meijón expresou que “a reclamación deste colectivo é totalmente xusta e, obviamente, lexítima, polo que na miña condición de deputado terán toda a colaboración necesaria para reclamar ante a Ministra Ana Pastor o pago das súas expropiacións”. García, pola súa parte, destacou que “o deputado Guillermo Meijón estivo aquí reuníndose co colectivo antes co propio Alcalde de Vilagarcía, o cal xa demostra o interese do PP neste tema”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario