Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

1/8/12

O PARTIDO SOCIALISTA SOLICÍTALLE AO PP QUE CHAME A ATENCIÓN A GONZALO DURÁN PARA QUE DEIXE DE FACER O RIDÍCULO E QUE A XENTE PENSE QUE REPRESENTA A ALGUÉN


Tania García considera “frustrante que Tomás Fole, como Alcalde de Vilagarcía, baixe a cabeza ante os mangoneos de Durán e non defenda os intereses da nosa cidade”.

Vilagarcía de Arousa, 31 de xullo de 2007.- O Partido Socialista de Vilagarcía considera que o ridículo que fai Gonzalo Durán cada vez que fala resulta xa inaguantable para o cargo que exerce, de representación veciñal. A linguaxe tabernaria e retadora que utiliza amosa o que Durán é: un demagogo incontrolable que de tanto repetir tonterías corre o risco de estar convencido delas.

A polémica sobre a promoción dun aparcamento de pago no Hospital do Salnés, e o pago polos terreos, ven de facer sair o peor Durán, o que pensa que por ser mais bravucón se ten máis razón. Todas as razóns que propón Durán para soster as súa teses son “esto é así porque é así, e co PSOE non é así porque non é así”, argumento fora de lugar xa nun debate entre colexiales.

Gonzalo Durán xestionou de maneira certamente oscurantista e individual a compra dos terreos para a ampliación do Hospital, e non se pode saber a ciencia certa cal foi a realidade da operación, prezos, condicións, etc. Esos son os feitos que rodearon á compra dos terreos, e outra cousa é falar por falar.

Tania García, portavoz socialista no Concello, declarou hoxe que neste tema existen varias cuestións “sorprendentes: Tomás Fole acepta a Gonzalo Durán como portavoz neste tema, e en vez de defender Vilagarcía vai agochar a cabeza e facer o que diga Durán dicindo “sí, señor”. Vilagarcía fixo un esforzo por encima do que lle correspondía no seu momento, sendo Alcalde o socialista Javier Gago, para disponer os terreos para a construcción do Hospital. Pagou o que non pagaron outros para poder ter un Hospital. O que non parece normal é que agora vaia facer o mesmo outra vez. Se Fole non defende Vilagarcía, farémolo nos.”

Sobre as declaracións referidas ao aparcamento de pago a construir no Hospital, como indicaba Durán, Tania García indicou: “eu non estou aquí para ensinar educación a ninguén. Eu creo que o que fai falta no Hospital son quirófanos, camas e máis profesionais. Durán cree que fan falta prazas de aparcamento de pago. Son dúas concepcións distintas, os socialistas pensamos en sanidade e os populares poñen a Durán a falar de asfalto e de cómo poden aproveitarse dos enfermos”. Por último, García quixo sinalar que “seguimos a escoitar a teima do PP de que o público non funciona e non é rentable. A sanidade non ten que ser rentable, pero ademáis é que se a xestion pública non fora válida ¿Por qué Durán sabe dunha empresa privada que queira xestionar estes servizos? Extraño”. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario