Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

8/8/12

OS VECIÑOS E VECIÑAS DE VILAGARCÍA ESTÁN A PERCIBIR NO RECIBO DO IBI DESTES DÍAS UN DOS PRIMEIROS INCREMENTOS DO CATASTRAZO APROBADO POLO GOBERNO LOCAL


Unha subida inicial este ano do 10% nun imposto que se vai disparar aínda máis nos vindeiros anos

Vilagarcía de Arousa, 8 de agosto de 2012.- Os veciños e veciñas de Vilagarcía comproban estos días nos seus recibos de pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI) o efecto que teñen as subidas de taxas e impostos que o PP, dende as distintas administracións nas que ten responsabilidades de goberno, está a aplicar sobre as economías familiares.

O primeiro recibo que está a ser influído por esta subida de impostos é o da contribución, no que as familias vilagarciás están a sofrir un incremento aproximado dun 10%, produto da decisión do Goberno Central de Mariano Rajoy. Sen embargo, lonxe de ser esa a única subida aplicada á vivenda, o Goberno Municipal que dirixe Tomás Fole aprobou hai uns meses outro aumento no IBI. No 2014 está previsto que se aplique, sobre este recibo, o novo valor catastral das vivendas despois da revisión que o Goberno Municipal ten decidido poñer en marcha. Esta revisión producirá unha previsible nova subida do valor a pagar polas familias, dado que levaba sen ser revisado dende 2001.

Pero este “catastrazo”, que a Tomás Fole debeulle parecer pouco, o Goberno Municipal sumará unha subida de todas as taxas e impostos que, progresivamente, irán subindo de valor ata aumentar un 30% de aquí a 2022, medidas estas últimas contempladas no Plan de Axuste que o Goberno vén de aprobar, isto añadido á subida do IBI de Mariano Rajoy e a revisión catastral aprobada polo Sr. Fole, vai disparar o recibo da contribución, o catastrazo do Partido Popular.

Estamos, por tanto, ante a vía que elixe o PP para mellorar a situación económica dos Concellos: aumentar as taxas e impostos aos veciños. Esta decisión, sen embargo, fai recaer o peso das dificultades económicas nos veciños e sen embargo existen outras posibilidades para axudar a reducir este impacto fiscal. Os socialistas defenden que non se pode aplicar todo o esforzo sobre as familias de Vilagarcía e logo ter que tapar os buratos económicos de Fexdega con máis 50.000€ este ano, máis de 21.000€ nos inchables de quita e pon da praia Compostela durante apenas uns poucos días ou facer unhas festas locais elitistas nas que haberá que pagar entradas (e non baratas) para asistir a varios dos concertos programados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario