Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

9/8/12

OS SOCIALISTAS PÍDENLLE A TOMÁS FOLE UNHA XUNTA DE PORTAVOXES URXENTE PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN A SITUACIÓN DO BALNEARIO


Os socialistas ofrecen o seu apoio e colaboración ao Goberno local na busca de solución.
Vilagarcía de Arousa, 9 de agosto de 2012.- Os socialistas de Vilagarcía solicítanlle ao Alcalde unha Xunta de portavoces para coñecer de primeira man a situación do Balneario. Xa o pasado martes no Consello de Xerencia de Urbanismo, a portavoz municipal, Tania García, preguntou pola senteza que facía pública o BNG e o Alcalde dixo que non tiña ningunha información ao respecto. “Parécenos un tanto estrano que o martes non souberan nada e que hoxe xa fagan unha interpretación da sentenza”, destacou Tania García. Por esta inconcreción na resposta do Goberno local e para coñecer os termos exactos da sentenza, os socialistas urxénlle ao Alcalde a convocar coa maior brevidade unha Xunta de portavoces.

Apoio e colaboración

Ao mesmo tempo os socialitas queren trasladarlle ao Goberno local a súa total colaboración e apoio na resolución deste conflito. “Foi un goberno socialista o que loitou para recuperar esta instalación municipal e o que decidíu restaurar o emblemático edificio e recuperalo para o seu uso público, por este motivo, os socialistas non imos facer deste tema unha batalla política, todo o contrario traballeremos man con man co Goberno local para resolvelo”. Concluíu Tania García.

No hay comentarios:

Publicar un comentario