Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

22/12/12

O esperpéntico proceso do pádel de Fexdega deixa só e en evidencia a un Alcalde no que xa non confía ninguén.


Tania García considera que Fole “xa non está lexitimado para abrir de novo o concurso”, como se pretende facer incorporando agora a representantes da Deputación sen aportar un céntimo e sen ser de Vilagarcía.
García: “O cambio no procedemento e no canon, dános a razón aos socialistas na nosa postura defendida”

Vilagarcía de Arousa, 22 de decembro de 2012.- O proceso polo que o Goberno local de Vilagarcía, e semella con moito interese especial o Alcalde Tomás Fole, pretendeu abrir a concesión privada unha parte do recinto Fexdega, culminouse onte co rechazo do Padroado da Fundación que rixe o pavillón a tal iniciativa.

Na primeira parte do esperpento o Goberno Local iniciou un procedemento de urxencia (sen que houbera ningún motivo para elo) e cun prezo irrisorio de 1€ por metro cadrado (e sacando 2000 metros cadrados a concesión nun lugar privilexiado como é Fexdega). Aquel proceso, ante o que os socialistas presentaron un recurso de reposición, foi anulado por un defecto de forma no procedemento. Pero Fole tivo moito interese e volveu a abrir o procedemento.

Nesta segunda fase os socialistas consideran obvio que as apreciacións feitas no primeiro caso estaban no certo, xa que o Goberno Local decidíu non introducir aquí a urxencia no procedemento (caendo no surrealista caso de que Fole consideraba de urxencia o proceso no primeiro caso, pero non cando o propio proceso se demorou), e modificar lixeiramente o canon para plantexar agora 2000€ maís o IVE. Tampouco esto semella ser un prezo digno para unha instalación como Fexdega, con todas as súas vantaxes: céntrica, con aparcamento, servizos,…

Esta chapuza de proceso rematou co só apoio do PP ao novo prego de adxudicación, que foi finalmente rexeitado porque non o apoiaron as outras forzas políticas nin os representantes sociais presentes no Padroado de Fexdega.

Ante tal situación, os socialistas están asombrados polas intencións anunciadas xa polo Alcalde, de volver a abrir o proceso outra vez contra vento e marea, apoiándose nesta ocasión en que a Deputación de Pontevedra vai incorporar ao padroado de Fexdega dúas representantes, e por tanto as contas do PP poderían sair adiante. Pero esta intención resulta absolutamente ilexítima e indigna dende calquera punto de vista. A Deputación non aportará nen un so euro ao financiamento de Fexdega, (achégase acordo da Deputación), e vai incorporar dúas persoas que non son de Vilagarcía para decidir o futuro dunha instalación municipal durante dez anos, co único argumento de que Louzán e Fole así o desexan. Sen ningún motivo máis. Tania García, representante do partido socialista na Fundación Fexdega declarou hoxe que “é unha indecencia. Non é aceptable. Estaremos en contra da maneira máis firme posible porque esto non é o patio de recreo de ninguén. Unha vez mais, ante a incapacidade deste Alcalde de falar con ninguén, Louzán volve a comprarlle unha maioría absoluta, outra vez”. Pero García aproveitou para recalcar o que xa transmitíu nos pasados días “As maiorías absolutas non outorgan a razón absoluta. E menos cando son ilexitimamente mercadas”. E sentenciou “Vilagarcía xa dixo non ao seu proxecto estrela de Tomás Fole. E con esto ten que rematar”.

Dende o Partido Socialista creen que a gobernabilidade de Vilagarcía está agora mesmo sostida por fíos de papel, cun Alcalde no que ninguén confía e que perdeu a confianza da cidadanía e dos axentes sociais, e como exemplo o ocorrido neste caso do pádel. García considera que a imaxe de Fole é dun home “só, desquiciado e dando paus de cego”, facendo referencia aos enfrontamentos que dende a Alcaldía se manteñen cos hostaleiros polas sancións e as regulacións da Festa da auga, cos cidadáns e comerciantes pola implantación da zona azul e o circo (queixas ante as que o Alcalde soamente soubo contestar “que reflexionen”), á división no seu goberno e as espantadas ocorridas e por ocorrer…

No hay comentarios:

Publicar un comentario