Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

15/12/12

OS SOCIALISTAS DE VILAGARCÍA APUNTAN QUE O DESVARÍO DO GOBERNO LOCAL ESTÁ LEVANDO A VILAGARCÍA A UNHA SITUACIÓN DE CAOS INGOBERNABLE


A asamblea local aprobou por unanimidade a xestión da Comisión Executiva e do Grupo Municipal na última xuntanza do ano

Tania García anunciou a presentación dunha moción no Concello para instar ao Goberno á defensa da permanencia da fábrica de Cuca e dos necesarios postos de traballo

Vilagarcía de Arousa, 15 de decembro de 2012.- Os socialistas de Vilagarcía celebraron no día de onte a súa última asamblea do ano 2012, na que se fixo balance da actividade política da Executiva e do Grupo Municipal.

As actuacións de ambos órganos, Executiva e Grupo Municipal, foron aprobadas pola unanimidade dos presentes, que ademáis participaron dun debate sobre a situación actual de Vilagarcía e das despostas do partido socialista.

O secretario xeral municipal, Miro Serén, recolleu de entre os militantes a boa acollida que están a ter os debates organizados sobre temas de actualidade, e adiantou que o ano próximo os socialistas continuarán a desenvolver estas actividades, nas que promoverán xuntanzas e charlas sobre cuestións de interese para os vilagarciáns. Apuntou que con estas actuacións pretenden poñer sobre a mesa ideas e solucións para os grandes problemas existentes hoxe en día, en vista de que “o Goberno Local non é quen de facelo e está sumido nunha perigosa parálise”. Serén, tamén concelleiro no Pleno, valorou que os socialistas de Vilagarcía adicáronse este ano a “taponar o mal goberno e denunciar o desgoberno”.

Tania García, voceira municipal, aproveitou á ocasión para lembrar que o Grupo Socialistas no Concello é o que máis iniciativas e mocións presentou, “máis que o bipartito de dereitas, no que son ata 11 membros despois de comprar unha mayoría absoluta”, e destacou que ata os populares se ven obrigados a recoñecer o bon traballo porque moitas destas mocións son aprobadas por unanimidade. “Outra cousa é que despois teñan a cara de non cumprir o que aproban”. García exemplificou esta labor coa xuntanza que os socialistas mantiveron esta semana coa asociación de veciños de A Torre, na rolda de visitas que están a realizar a distintos colectivos veciñais. Nesta rolda “os socialistas estamos comprobando que Fole está a montar un búnker na Alcaldía, aillándose dos cidadáns”.

Moitos militantes mostraron a percepción dos veciños de Vilagarcía do desgoberno existente en Ravella, e a incapacidade dos membros do Goberno Local, apuntando a decisións e iniciativas incomprensibles como as sancións á hostelería pola Festa da Auga, o aumento das tasas municipais exponencialmente, a tristemente famosa ordenanza de movilidade, a chapuza en torno á privatización de Fexdega ou a intención actual da privatización da zona azul.

García, ademáis, anunciou novas accións como a intención dos socialistas de presentar unha moción para instar ao Goberno Local a defender a permanencia en Vilagarcía da fábrica de Cuca e dos postos de traballo, criticando a inacción de Tomás Fole que “reuniuse cos empresarios, estes dixéronlle que non fixera nada, e non fixo nada”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario