Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

8/12/12

OS SOCIALISTAS INSTAN AO ALCALDE A QUE POR UNHA VEZ ESCOITE Á OPOSICIÓN E AOS COLECTIVOS E RENUNCIE A IMPLANTAR A ORA NA ZONA AZUL



Os socialistas pídenlle que mire o programa electoral do PsdeG-PSOE das pasadas eleccións municipais para extraer ideas sobre o aparcamento

Vilagarcía de Arousa, 08 de decembro de 2012.- Os socialistas de Vilagarcía recrimínanlle ao Alcalde non escoitar á cidadanía de Vilagarcía. “Parécenos incomprensible que diga que a medida que pretende implantar, a ORA, é positiva para os comerciantes, xa sabemos que non escoita a ninguén pero polo menos que mire a prensa a local para coñecer a opinión dos comerciantes, hostaleiros, dos cidadáns de Vilagarcía, que se manifestaron días a raíz da polémica suscitada pola intención do Goberno local de cobrar por aparcar na rúa.” Os socialitas pídenlle ao Alcalde que renuncie a esta medida recaudatoria a costa dos petos dos veciños, nun momento de grave dificultade económicas para moitas familias da nosa localidade.

Tamén lle piden ao Bipartito de dereitas “que lle bote un ollo ao programa electoral do Partido Socialista das pasadas eleccións municipais para extraer ideas para solventar o problema do aparcamento. Os socialistas plantexábamos no seu día negociar cos propietarios de solares céntricos sen uso a posibilidade de ceder o espazo para aparcamento, nun momento ademais no que a construción está en horas baixas, permitindo con ilo a disposición de amplas bolsas de aparcamento. Pouco lle podemos pedir a este goberno incapaz, que fai un ano que asumíu Fexdega e o seu aparcamento segue a estar a día de hoxe infrautilizado.”

E por último o PsdeG-PSOE de Vilagarcía, ao fío das declaracións feitas por Tomás Fole no día de onte xustificando esta medida polo mal uso que fan os condutores, lle pregunta ao Alcalde se ten pretesión de cobrar polo uso de todos os servizos e equipamentos dos que algúns veciños poidan facer mal uso. “¿Ten pensado o alcalde cobrar por estar nos xardíns se os donos dos cans non recollen os excrementos?, e se algúns nenos fan mal uso dos columpios, ¿ten pensado cobrar por utilizar os parques infantís?.
A Zona azul leva anos funcionando en Vilagarcía, sempre estivo controlada e nunca dou problemas ata a chegada do Partido Popular á alcaldía, recordan os socialistas, “¿non será que se deixou sen controlar precisamente para agora dicir que non funciona e cobrar por aparcar?”

No hay comentarios:

Publicar un comentario