Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

23/12/12

OS SOCIALISTAS AGARDAN QUE CALQUERA DECISIÓN SOBRE UNHA INSTALACIÓN MUNICIPAL COMO A LOMBA PASE POLO CONSELLO REITOR DA FUNDACIÓN DE DEPORTES



O PSdeG cree que hai que rematar coas arbitrarias decisións do PP sobre a privatización de instalacións deportivas municipais para explotación privada


Vilagarcía de Arousa, 23 de decembro de 2012.- As conversas públicas que están a manterse nos medios de comunicación sobre posibles cambios e o futuro do campo de fútbol municipal de A Lomba volven a poñer de manifesto o nulo sentido democrático que o PP concibe sobre a xestión do público. Sen todavía saír do bochorno que para a maioría de cidadáns supón a actuación do Goberno Local no caso do pádel de Fexdega, os veciños, especialmente aqueles vinculados ao mundo do deporte, observan como o Alcalde pretende validar públicamente procedimentos fora de lugar na xestión de instalacións deportivas municipais, aínda que participando dunhas conversas a través dos medios de comunicación e no que incluso a opinión do Alcalde non parece ter moito interese para os outros interlocutores.

O debate sobre a sustitución do céspede natural por artificial en A Lomba é un debate que hai anos que se ven intercambiando entre a xente do deporte municipal e a Fundación de Deportes. Neste sentido, o concelleiro Miro Serén, representante do PSdeG na Fundación de Deportes Municipal, valorou hoxe que “independientemente das opinións e distintas posturas sobre o tema, o innegable é que unha decisión dese calibre debe pasar, sen lugar a dúbidas, pola Fundación de Deportes”. Os socialistas consideran que este caso é un exemplo máis da actitude do PP coa Fundación de Deportes, “á que usaron de parapeto nalgunha ocasión para escudarse ante certas decisións que non souberon tomar por si mesmos, pero á que ningunearon cando quixeron tomar decisións incomprensibles sobre unha instalación municipal agora utilizada para o ámbito deportivo, como Fexdega”, apostillou Serén. Esta dobre moral evidencia, segundo os socialistas, que o PP soamente quere as institucións e os órganos de participación, como meras ferramentas para utilizar segundo lle conveña para según que obxectivos.

Ademáis da posible implantación de céspede artificial en A Lomba, existen outras aportacións e ideas sobre unha posible reforma no campo municipal, que suporían, na práctica, a concesión para explotación privada dalgúns servicios en espazos e instalacións públicas. Este formato xa non é a primeira vez que se plantexa, e o actual Goberno Municipal mantivo posicións certamente distintas sobre distintos casos. Para evitar agravios comparativos, como os sucedidos nas distintas ocasións que houbo proxectos deportivos recentemente en Fexdega, Serén insistiu na “necesidade de convocar ao Consello Reitor da Fundación se se queren tomar decisións sobre instalacións deportivas municipais”.

Os socialistas esperan que desta ocasión non existan situacións nas que Fole e Elena Suárez pretendan obviar aos representantes do deporte de Vilagarcía, e sexa necesario forzar unha convocatoria da Fundación como xa ocorreu. Esperan, tamén, que se poida manter un criterio sobre a utilización e disposición das instalacións deportivas municipais. Por último, Serén apuntou que “está ben saber, aínda que sexa pola prensa, que a Deputación ten posibilidade de facilitar para Vilagarcía fondos que son públicos, e non de disposición personal de Louzán como se foran do seu peto. Sabendo iso, agora os representantes lexítimos do deporte de Vilagarcía temos que decidir sobre a súa utilización”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario