Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

17/12/12

O GOBERNO LOCAL DE VILAGARCÍA VOLVE A ACEPTAR A INSTALACIÓN DUN CIRCO NO APARCADOIRO DE FEXDEGA, EN CONTRA DA VONTADE DOS VECIÑOS


Coa instalación do anterior espectáculo circense, veciños do entorno presentaron queixas por escrito ante o Goberno que foron absolutamente ignoradas

Os socialistas insisten en que se trasladen os circos ao Ramal, onde sempre estiveron, que é o lugar con mellores características

Vilagarcía de Arousa, 17 de decembro de 2012.- Os representantes do Partido Socialista observan con asombro a decisión do Goberno Local de Vilagarcía de permitir, novamente, a instalación dun circo no aparcadoiro do recinto feiral de Fexdega, pese a que xa nas últimas ocasións que esto sucedeu acarreou varios problemas para os veciños.

A instalación de todo o entramado do espectáculo circense conleva diversos problemas para o entorno. Por un lado, elimina temporalmente o aparcadoiro de Fexdega, de tanta utilidade para os vilagarciáns e os veciños de outros lugares que acoden a Vilagarcía a traballar, realizar compras ou xestións. Por outro lado están os inconvintes en termos de ruidos e molestias para os veciños do entorno, que se multiplican no caso de que o circo teña animais dados os cheiros e problemas de hixiene que se xeneran.

Cabe lembrar que estas problemáticas veciñais son coñecidas por Tomás Fole, que recibiu de veciños deste entorno un escrito de queixa que pasou por Xunta de Goberno Local de 29 de outubro deste mesmo ano, solicitando que non se volva a instalar un circo alí.

Sen embargo semella que Fole está ampliando a súa rede de colectivos aos que non fai nin caso. Ademáis dos grupos políticos da oposición de Vilagarcía, aos que pretende ningunear por todos os seus medios, xa non atende nen sequera ás peticións veciñais como é o caso.

Tania García, voceira do PSdeG no Concello de Vilagarcía, plantexou hoxe que “non é comprensible que o sr. Fole non entenda que, evidentemente, a explanada do Ramal é moito mellor lugar para unha instalación deste tipo”. García apuntou que o aparcadoiro de Fexdega é o máis utilizado de Vilagarcía, porque da servizo a todos aqueles que veñen ao centro de Vilagarcía tanto para moitos dos servicios da administración (INEM, Seguridade Social…) como para facer as súas compras (praza de abastos, supermercados, centro comercial, tendas…) e por suposto aos que veñen a traballar a Vilagarcía. Para comprobar esto, os socialistas apuntaron que soamente é necesario comparar a utilización unha mañá calquera do parking de Fexdega, rozando o completo case sempre, e o do Ramal, por debaixo do 50%.

A voceira socialista pediulle ao Alcalde “que escoite, polo menos, aos veciños que lle piden que modifique algunhas decisións polo ben de todos”, e insiste en que o lóxico sería trasladar os circos ao Ramal, onde afecta moito menos aos veciños, está igual de céntrico e non afecta tanto ao aparcamento. Aínda que os socialistas se preguntan se non será que Fole está ensaiando xa métodos para que a futura zona azul de pago sexa máis rentable para o Concello. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario