Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

28/9/12

O PSdeG-PSOE DE VILAGARCÍA CONVIDA Á CIDADANÍA Á PRESENTACIÓN DO SEU PROGRAMA ELECTORAL ÁS VINDEIRAS ELECCIÓNS DO 21 DE OUTUBRO


A presentación terá lugar hoxe venres 28 de setembro ás 20:00 horas na sede do PSdeG-PSOE de Vilagarcía e contará coa presencia do candidato á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, acompañado por integrantes da candidatura pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galicia

Vilagarcía de Arousa, 27 de setembro de 2012.- O PSdeG-PSOE de Vilagarcía quere convidar a toda a cidadanía e texido asociativo da Comarca de Arousa á presentación do programa do PSdeG-PSOE ás eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro. A presentación contará coa presencia do candidato a Presidente da Xunta polo PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, que estará acompañado polo candidato por Arousa, Julio Torrado, así como por diversos membros da candidatura pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galicia.
“Gustaríanos contar coa máxima implicación da sociedade civil na presentación dun programa electoral de progreso que recolle as medidas necesarias para comezar a albiscar a saída da crise no noso país”, afirma Julio Torrado, quen ademáis apunta que “é necesario que Galicia sexa a avanzadilla no cambio de políticas que o conxunto do Estado necesita. Unha nova victoria do PP en Galicia suporía darlle luz verde aos profundos recortes económicos, recortes en dereitos e recortes en liberdades, que o Presidente do Goberno ten na cabeza e non se atreve a anunciar antes do 21 de outubro por medo a unha hecatombe electoral”.
Do que se trata o día 21 e de, afirma Julio Torrado, “elexir entre o modelo económico culpable da crise, que é o modelo da dereita que converteu a economía mundial nun casino sen regras e que aumetou as desigualdades entre personas, ou optar por un modelo neta e nítidamente socialdemócrata, como o recollido no programa do PSdeG-PSOE, no que o criterio que prima é o da xustiza social, contribuindo máis quen máis ten, e que, recoñecendo as dificultades do momento actual, aposte por una decidida defensa de aqueles aspectos que garantizan a cohesión e futuro da nosa sociedade, como son a educación, a sanidade e os servicios sociais”.

25/9/12

Os socialistas recriminan ao Goberno local a instalación dun circo na explanada de FEXDEGA restando un bo número de prazas de aparcamento



Propoñen a utilización da explanada posterior do recinto feiral para este tipo de eventos
Unha vez máis, como xa o fixeron na última xuntanza do Padroado de FEXDEGA e onte no Pleno, solicítanlle ao Goberno local a sinalización do parking posterior do recinto

Vilagarcía de Arousa a 15 de setembro de 2012.-O candidato do PSdeG por Arousa, Julio Torrado critica unha vez máis “o desentendemento da Xunta e a nefasta xestión do Goberno local en FEXDEGA, e estas son as consecuencias: a infrautilización do recinto, o elevando custe que lle supón ao Concello a xestión directa das instalacións e a ausencia de actividade feiral” salientou Torrado.
O candidato recorda que o Grupo municipal socialista plantexou onte no pleno da Corporación o “tremendo erro que supón a instalación dun circo anulando un bo número de prazas de aparcamento na parte dianteira do recinto, instando ao Goberno á utilización da parte traseira de FEXDEGA para este tipo de eventos”. Os socialistas, sinalou Torrado, tamén levan plantexado nas xuntanzas do Padroado de FEXDEGA e no Pleno municipal, a apertura e correcta sinalización do parking da parte posterior do recinto e a día de hoxe segue sen estar sinalizado.
Torrado recordou que “a esta situación chegamos pola deixadez da Xunta, que pechou todos os posibles canles de financiamento, amparados na complicidade de Tomás Fole, que lonxe de defender os intereses de Vilagarcía, buscoulle unha saída á Xunta de Galicia, sen un proxecto claro para FEXDEGA”.

Julio Torrado: A Xunta do PP e Tomás Fole pasarán a historia de Vilagarcía por acabar coa organización de feiras en Vilagarcía

O Candidato socialista quixo recriminar unha vez máis a decisión da Xunta e a nefasta xestión do Alcalde, que supuxeron a morte de FEXDEGA, “non hai, nin se lle espera, ningún evento feiral nos vindeiros meses. A multisectorial, prevista para novembro, non entra nos plans do Goberno local, que decidiu acabar coa organización de feiras e así converter as instalacións no pavillón de deportes máis caro de Galicia”. Tamén critica a infrautilización do recinto, “o parking traseiro de FEXDEGA xa tiña que ser convenientemente sinalizado e explotado como parking disuasorio este pasado verán, pero o Sr. Alcalde estaba máis ocupado en conseguir unhas canastas que en pór a disposición dos veciños de Vilagarcía estas instalacións, que, cómpre recordar, supoñen un elevado custe ás arcas municipais, máis que o albergue da Cruz Vermella e o comedor social de Cáritas xuntos”, concluíu Torrado.

24/9/12

O PSdeG DE VILAGARCÍA CONSIDERA QUE O PP REPITE O ESPERPENTO AO VOLVER A TRAER A VILAGARCÍA A UN CONSELLEIRO QUE IGNOROU OS PROBLEMAS DE AROUSA DURANTE OS ÚLTIMOS CATRO ANOS


Alfonso Rueda non foi quen de destacar nin unha soa medida da Consellería de Xustiza encamiñada a resolver a saturación xudicial da comarca

Vilagarcía de Arousa, 24 de setembro de 2012.- Se a semana pasada era o conselleiro Agustín Hernández o que facía o ridículo citando obras doutra comarca no balance da xestión da súa Consellería en Arousa, agora é o propio coordinador de campaña do PPdeG  o encargado de rirse dos cidadáns de Vilagarcía, “sobre todo dos que, en moitos casos por situacións dramáticas, tiveron a necesidade de acudir a xustiza e están a ver como os seus procesos alónganse eternamente”, afirma o candidato do PsdeG por Arousa, Julio Torrado.
É unha realidade que os xulgados de Vilagarcía atópanse sobrecargados de traballo, como o ten recoñecido o propio Tribunal de Xustiza de Galicia. Ante esta situación, a Consellería de Xustiza que dirixe Alfonso Rueda ten bloqueada a “imprescindible creación do cuarto xulgado de Vilagarcía”. O Plan de Infraestruturas Xudiciais da Xunta de Galicia recolle a creación dese cuarto xulgado antes de 2014 e agora que se acercan as eleccións o Sr. Rueda escúdase na reordenación do mapa xudicial para non crear o xulgado nin este ano nin en 2013, cando a reordenación do mapa xudicial nin tan sequera é iniciativa do Goberno, senon unha proposta do Consejo General del Poder Judicial. “A creación do cuarto xulgado é perfectamente compatible coa reordenación do mapa xudicial”, argumenta Torrado, “o que demostra que Sr. Rueda non so vén a Vilagarcía a vender fume e a volver a prometer o xa prometido e non cumprido, senón que directamente está a mentirlle a tódolos vilagarcianos”. O candidato do PSdeG por Arousa insta a Alfonso Rueda a que “recoñeza o fracaso da súa xestión ao fronte da Consellería de Xustiza, ao igual que terá que recoñecer o fracaso da súa xestión ao fronte do Comité de Campaña do PPdeG cando o 21 de outubro os socialistas de Galicia gañemos as eleccións á Xunta de Galicia”.
Torrado tamén recórdalle a Alfonso Rueda a incoherencia que está a demostrar o seu partido neste asunto: “O Conselleiro bótalle a culpa ao Ministerio de Justicia, recordemos, en mans do PP. A o mesmo tempo, o Alcalde de Vilagarcía e o Alcalde de Cambados, ambos do PP, peléxanse por ver quen se queda co único partido xudicial que lle correspondería á comarca despois da prevista fusión das xurisdicións de Cambados e Vilagarcía”. “O un polo outro e a casa sen barrer, mentras que os que sofren as consecuencias desta actitude infantil son os milleiros de cidadáns que ven que a xustiza non lle resolve o seus problemas”, denuncia Julio Torrado, que aproveita para sinalar que “o PP está a xogar cun dos pilares do sistema democrático que tanto traballo costou conseguir. Se a xustiza non funciona a democracia pasa a ser fiticia”.
Asemade, Julio Torrado tamén se pregunta “cal é a excusa para non reforzar, ao menos, o persoal dos tres xulgados existentes”. O candidato agradece que polo menos o Sr. Rueda non tivera entrado neste asunto, xa que se non “a burla aos cidadáns xa rozaría o intolerable”.
Polo tanto o candidato socialista censura este tipo de visitas, xa que considera moi pouco ético que “se volva a prometer o que se leva tres anos incumprindo” e esíxelle ao Alcalde de Vilagarcía que “en vez de posar cun soriso co home que está a ignorar os intereses dos Vilagarciáns en materia xudicial, intente facer efectivas as resolucións plenarias que instan á Xunta á construción do cuarto xulgado”.
O PSdeG, a través do seu candidato Julio Torrado, de acadar a Xunta de Galicia, comprométese a construír o tan necesario cuarto xulgado en oponse á proposta do Consejo General del Poder Judicial para a modificación das plantas xudiciais, xa que considera dita modificación “claramente perxudicial para os intereses de Galicia, ao supoñer o alonxamento da xustiza respecto dos xusticiables”.

22/9/12

O PSdeG-PSOE DE VILAGARCÍA CONSIDERA UNHA BURLA A CONTINUADA PRESENZA DO CONSELLEIRO AGUSTÍN HERNÁNDEZ EN VILAGARCÍA


Vilagarcía de Arousa, 22 de setembro de 2012.- Os socialistas de Vilagarcía, a través do candidato ás vindeiras eleccións autonómicas Julio Torrado, valoraron hoxe como unha “broma de mal gusto” a presencia onte de Agustín Hernández na capital arousana para facer un balance da súa xestión, que para os socialistas é “unha mistura entre as promesas incumpridas e os delirios de grandeza”.

Ante tal balance do conselleiro, que citou entre as actuacións importantes da súa consellería o nudo de Curro e o deseño da autovía de Vilagarcía – Pontevedra, Torrado apuntou que o nudo de Curro “sendo unha obra doutra bisbarra, supoñemos que a ven presentar no seu balance en Arousa porque dada a desfeita e a confusión montadas nese scalestric absolutamente innecesario, seguro que é imposible que vaia a Curro a contar o bo que é”. Para Torrado, que Hernández fale de Curro ao lado de Tomás Fole é paradóxico. “O necesario non é o laberinto de viais que montaron en Curro, senón que o polígono industrial Barro – Meis tivese algún éxito. Seguro que Fole, que o xestionou durante 4 anos cobrando da Deputación de Pontevedra para, ao final, que o declarasen ilegal, pódelle contar como vai o polígono. Cos cartos públicos fixemos unha obra faraónica e innecesaria para un polígono industrial ilegal. Unha gran xestión”.

O deseño da autovía Vilagarcía – Pontevedra foi obxeto tamén da crítica por parte do socialista, que sucintamente explicou que “os cidadáns están fartos de escoitar falar de promesas baleiras, deseños, plans, estratexias… O que queremos todos son realidades, e realidades na autovía a Pontevedra non hai ningunha. Como non houbo da circunvalación a Vilagarcía ata que os socialistas gobernaron na Xunta e no Estado e aí están agora feitas as obras e funcionando os viais”.

O candidato socialista recorda que son tres as veces que o Conselleiro veu a Vilagarcía a prometer melloras no saneamento coa fin de erradicar os vertidos ao mar, dentro do Plan de Saneamento intergral das rías, “xa vale de visitas, fotos co Alcalde e falsas promesas, esixímoslle ao Conselleiro, solucións xa”, sinalou o socialista,.g

Ante a euforia coa que os conselleiros van visitar Vilagarcía, segundo apunta o Alcalde Fole, os socialistas demandan que pasen canto antes a conselleira de Mar, “e visite Carril para falar coas mariscadoras ás que está a perjudicar. E que a acompañe Juan Maneiro, que terá moito que decir”. Tamén foi sinalada como esixencia que veña a conselleira de sanidade a dar as súas explicacións por un novo anuncio de investimento no Hospital, “que vai camiño de ser unha excusa máis no xa longo historial do PP anunciando cousas para o Hospital. E así seguimos”.

18/9/12

O bipartito de dereitas IVIL – PP que forma o Goberno Municipal de Vilagarcía convoca un Pleno sen introducir ningunha iniciativa no debate



O Partido Socialista presenta dúas iniciativas, e fortalece a súa condición de grupo político que máis mocións ten presentadas nesta lexislatura, e o que máis temas conseguiu aprobar por unanimidade
Tania García, portavoz socialista, plantexou na Xunta de Portavoces de onte que o pleno extraordinario para a composición das mesas electorais se celebrase adxunto ao ordinario, aforrando o custe dunha convocatoria

Vilagarcía de Arousa,  18 de setembro de 2012.- O grupo municipal socialista do Concello de Vilagarcía será, una vez máis, o grupo político que dotará de contido ao pleno municipal ordinario. O vindeiro luns 24 celebrarase o pleno do mes de setembro, ao que os socialistas presentan dúas mocións: una referida ao plan Prepara, na que solicitarán que o pleno se posicione a favor de modificar o sistema de axudas a parados de longa duración sen introducir as cláusulas inxustas e restritivas que inclúe a normativa aprobada polo Goberno de Rajoy. A outra moción refírese a un tema estritamente municipal, solicitando a eliminación de verquidos na Praia Concha - Compostela, a través da canalización do río Tripeira que baixa dende Xiabre ata desembocar na praia.

Fronte a estas iniciativas do Partido Socialista, o Goberno Municipal protagoniza un novo esperpento e non presenta ningunha iniciativa ao Pleno Municipal. O bipartito de dereitas que conforma o Goberno Local, con 11 membros (Alcalde e dúas concelleiras liberadas) prosigue na súa demostración da súa propia ineficacia. Se polo Goberno Municipal fora, non habería ningún tema que falar neste mes en Vilagarcía. Nin o PP nin IVIL son capaces de plantexar ningún tema de debate no pleno da corporación. Esta situación non é nova, e os socialistas veñen denunciando esta ineficacia dende hai moito tempo. Como apuntou esta mañá Tania García “os socialistas somos o grupo municipal que máis mocións presentou ao Pleno Municipal en toda a lexislatura”, e destacou o feito de que foron o grupo que  “máis mocións conseguiu que foran aprobadas por unanimidade, o que demostra que facemos unha política responsable, plantexando temas que son de sentido común e aos que todo o mundo se suma”. Pola contra, García confesou sentirse “decepcionada” pola que considera “unha deixadez de funcións do Goberno Municipal en toda regra. Nós somos 5 concelleiros, sen ningunha liberación. O Goberno Municipal confórmano dous partidos políticos, son 11 concelleiros, máis do dobre que nós, e viven nunha parálise permanente”.

Aínda que noutras ocasións os demais grupos da oposición contribuíron tamén a dotar de contido o Pleno Municipal, nesta ocasión tampouco foron especialmente prolíficos, xa que o BNG leva a debate 1 moción de corte xeneralista, mentres que EU-EI, ao igual que o PP e IVIL, non presenta tampouco ningunha iniciativa.

Moción sobre os vertidos que afectan a Praia da Concha- Compostela presentada polo PSOE de Vilagarcía para o seu debate no pleno do mes de Setembro



MOCIÓN: ELIMINACIÓN DE VERTIDOS PRAIA CONCHA-COMPOSTELA

O Grupo Municipal Socialista, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta esta MOCIÓN, en base á seguinte



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A praia da Concha-Compostela leva anos sufrindo un grave problema de vertidos que afectan directamente á calidade das augas, co impacto que isto ten nos importantes recursos marisqueiros que ten esta praia e tamén no aspecto turístico no que a praia repercute.
Neste último verán as analíticas realizadas pola Consellería de Sanidade califican a calidade das augas como insuficiente.
Esta circunstancia impide ademais a obtención do distintivo da Bandeira azul, que supón unha garantía de boa calidade das augas e un bo reclamo turístico.
Os principais puntos de vertido están localizados, nos últimos meses a Xunta de Galicia a través do proxecto “Saneamento integral das rías” realizou unha auditoría do saneamento en Vilagarcía, concretando ademais as medidas a tomar. Este proxecto dispón de capacidade económica para executar as obras necesarias para mellorar a calidade das augas e a eliminación dos vertidos.

Un puntos negros do areal é na desembocadura do coñecido como “río da Tripeira” que desemboca, a través dun emisario, paralelo ao peirao do Ramal.
Para eliminar as conexións ilegais de alcantarillado a este río, o anterior Goberno presidido por Dolores García asinou un convenio co Ministerio de Fomento, dentro das obras de compensación polo novo trazado do ferrocarril, que consistía unha nova canalización deste río e eliminar así as conexións ilegais que contaminan o río.

Rematado o verán, é o momento de iniciar as obras e actuacións necesarias para eliminar estes puntos de vertidos co fin de garantir un bo nivel de calidade das augas o vindeiro verán, motivo polo cal o Grupo Municipal  Socialista presenta a seguinte moción

O Concello de Vilagarcía:

  • Insta á Xunta de Galicia a realizar as obras necesarias para eliminar os puntos de vertido nos areais Concha-Compostela antes do verán de 2013
  • Insta ao Ministerio de Fomento a realizar as obras da nova canalización do coñecido como Río da Tripeira antes do verán de 2013



Asdo: Tania García Sanmartín

Portavoz del Grupo Municipal Socialista
Vilagarcía de Arousa, 17 de setembro de 2012



SR. ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILAGARCÍA          

Moción sobre a prorroga do Plan Prepara presentada polo PSOE de Vilagarcía para o seu debate no pleno do mes de Setembro



MOCIÓN: MODIFICACION DAS RESTRICCIONS INTRODUCIDAS AO PLAN PREPARA NO REAL DECRETO-LEI 23/2012, DO 24 DE AGOSTO DIRIXIDO AS PERSONAS QUE AGOTAN A SUA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO.

O Grupo Municipal Socialista, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta esta MOCIÓN, en base á seguinte



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O paro é o principal problema dos españois. A actuación del goberno agrava día a día este problema e as súas consecuencias máis negativas para os cidadáns. A última enquisa de poboación activa pon de manifesto o dramático aumento do desemprego, o incremento do número de parados de longa duración e dos fogares con todos os seus membros en paro. A enquisa reflexa os aumentos do paro que xa mostraban as cifras desestacionalizadas dos meses de abril, maio, xuño e xullo do presente ano.

As políticas desenvolvidas polo goberno lonxe de atallar o problema do paro agrávano e cada nova previsión do goberno establece un novo récord de parados.

A reforma laboral, o abaratar e facilitar o despido en tempos de crise, está provocando una sangría insoportable en termos de emprego.

Os orzamentos xerais do estado significaron o recorte drástico das políticas activas de emprego, especialmente as transferencias ás CCAA, con reducións de máis de 1.700 millóns de Euros, un 54%. Estes recortes lévanse por diante as políticas de axuda aos desempregados na súa busca de emprego,xa que afectan  aos programas de orientación, formación e recualificación. Todo isto en contra das recomendacións do Consello Europeo.

O Real Decreto-Lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria de fomento da competitividade merma de forma descomunal a protección dos desempregados o suprimir subsidios especiais para los maiores de 45 anos, o elevar a idade de 52 a 55 años, e expulsa da Renda Activa de Inserción a practicamente o 90% dos seus beneficiarios. Centos de miles de desempregados veranse sen protección algunha nos próximos meses.

As políticas do goberno están provocando a fractura social de España: máis paro, menos protección, menos dereitos, e contra toda recomendación comunitaria, menos políticas activas para favorecer o emprego dos parados.

Neste contexto, o Goberno viuse obrigado pola presión popular a aprobar un Real Decreto que prorroga la axuda dos 400 euros, pero con moitas restricións que fan que o Real Decreto non sexa una prórroga do anterior programa PREPARA xa que deixa fora á inmensa maioría dos xoves, a todos os parados de longa duración cun so fillo, a todo parado sen familia aínda estando na indixencia. Tamén, deixa fóra aos parados que tiveran contratos temporais e as máis de 583.000 familias con todos os seus membros en paro que no reciben ningunha prestación.

Por iso la continuidade do programa PREPARA, tal como foi aprobado polo anterior Goberno socialista, é unha necesidade de primeiro orde. Este programa mostrou largamente a súa eficacia e propiciou a mellora da empregabilidade de máis de 450.000 desempregados. Este programa apoiase nunha combinación de medidas activas de orientación, formación e recualificación o tempo que facilita unha axuda de renda a persoa desempregada.

Non podemos permitir que o Plan PREPARA se desvirtúe nas circunstancias actuais, porque é a única fonte de subsistencia dos ciudadáns que esgotan o desemprego e que non teñen nada máis que os 400€ para poder vivir.




Motivo polo cal o Grupo Municipal  Socialista presenta a seguinte moción:

O Concello de Vilagarcía:



·                           Insta ao Goberno de España a que, co fin de garantir a transición ao emprego, alcanzar unha maior coordinación entre as políticas activas de emprego e as axudas económicas de acompañamento e evitar a exclusión social:

Anule as restricións introducidas ao Plan Prepara no REAL DECRETO-LEI 23/2012, de 24 de agosto, e prorrogue o Real Decreto-Lei 1/2011, de 11 de febreiro ata, ao menos, o 15 de agosto de 2013.


Asdo: Tania García Sanmartín

Portavoz del Grupo Municipal Socialista
Vilagarcía de Arousa, 17 de setembro de 2012

SR. ALCALDE E PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILAGARCÍA