O candidato do
PSdeG-PSOE por Arousa expuso que dun 11% de desemprego na comunidade pasouse ao
actual 22%
“Xogámonos o
futuro” dixo o líder socialista quen resaltou que o PP culpa aos cidadáns de
ter vivido por riba das súas posibilidades mentres o PSdeG asocia a crise cos
especuladores
Vilagarcía de Arousa, 7 de outubro de 2012.- O
candidato do PSdG-PSOE pola comarca de Arousa, Julio Torrado, liderou esta mañá
o mitin de Vilaxoán cunha aposta clara
polo emprego sinalando que os socialistas farán pagar o precio da crise aos
especuladores subindo os impostos ás clases máis altas, porque foron
precisamente os especuladores os que causaron o actual sufrimento, en contra do
que promove o Partido Popular quen culpa aos cidadáns de ter vivido por riba das
súas posibilidades.
Torrado expuso
claramente para os vilaxoaneses os datos do desemprego en Galicia. “Hoxe hai un
22% de paro en Galicia” frente ao 11% que se rexistraba hai so tres anos.
Amosou, ademáis, outras cifras moi claras. 45 foron os días que dixo Feijóo
que lle levaría resolver o desemprego en Galicia e 675 son o número de persoas que cada 45 días fóronse ao paro durante os últimos catro anos.
Pola contra
destacou que os orzamentos do Estado destinan 6 millóns de euros menos para o
desemprego.
O líder
socialista dou aínda máis datos económicos. Dixo que en 25 anos Galicia
acumulou 4.000 millóns de débeda e nos tres anos seguintes Feijóo duplicouna.
Precisamente, engadiu, case o dobre desta débeda, 7.000 millóns é que lle quere
dar o PP a Nova Galicia Banco.
“Iguais non
somos” sentenciou Torrado porque co PSdeG-PSOE os pensionistas non van pagar os
medicamentos, e “imos investir en
emprego e sanidade e poñer en marcha os servicios sociais que, quen os puxo a andar neste país foi o
Partido Socialista e quen os quita é o PP”. “¿Cómo o imos facer? Aumentando o
que teñen que pagar de IRPF os que máis teñen”, respostou.
Renuncia a
seguros privados
Torrado
implicouse persoalmente no proxecto socialista. Dixo que dando sexa diputado o
primeiro que vai facer é “renunciar a calquera seguro privado médico” porque a
aposta socialista é unha sanidade universal e gratuita. “Nós non lle
preguntamos a ninguén de qué país é para atendelo no médico. Empézase
preguntando iso e acábase preguntando cántos cartos tes ou a quen votas”
subliñou.
No mitin
socialista interviron tamén a portavoz municipal do PSdG-PSOE Tania García,
quen destacou que o PP non inviste nas instalacións sanitarias, nin en
mamografías e que a candidata a deputada por Vilagarcía Marta Rodríguez dixo
que non iba a costarlle un peso ao concello, e a pesares dixo cobra 800 euros
ao mes do concello e máis de 4.000 do Parlamento de Galicia.
Tania García
sinalou que o PSOE gastou cartos na súa etapa de goberno para dar
infraestructuras a Vilaxoán e que Tomás Fole foi despois a inauguralas a nin
sequera invitaron aos socialistas. Denunciou que Fole gastou 73.000 euros en
facer un pabellón polideportivo en Fexdega, cando “non facía falla” porque xa
hai polideportivos.
Tamén intervíu Miro Serén, o secretario local dos socialistas vilagarciáns, que rememorou a
súa etapa coma docente en terras vilaxoanesas. Serén resaltou que “hai
alternativas de goberno” porque os recortes son recortes ideolóxicos. “O PP
prefire pagar inchables que limpar os centros escolares”.