Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

20/3/15

Alberto Varela denuncia o estado de abandono do Castro Alobre

Varela apuntou que “a deixadez do goberno actual desfixo unha zona de altísimo valor medioambiental e patrimonial”

Os socialistas apostan por poñer en valor o castro e recuperar o seu valor cultural e tamén turístico




Vilagarcía de Arousa, 20 de marzo de 2015.- Alberto Varela, candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía denunciou hoxe o estado de “abandono” do Castro Alobre e o seu entorno, provocado pola “deixadez e despreocupación do goberno actual”. Varela, quen estos días está a concretar as súas propostas en materia medioambiental e de patrimonio, sinalou que “o Castro Alobre constitúe un lugar que debería convertirse en emblemático e referente das visitas a Vilagarcía” apuntando ao seu “gran valor medioambiental e patrimonial, tanto dende o punto de vista histórico e cultural”.

O candidato socialista destacou as intervencións realizadas por anteriores gobernos socialistas, coa recuperación do Castro e do seu entorno, “dotando así a Vilagarcía dunha zona verde magnífica no mesmo centro de Vilagarcía”, e que puxo en valor o propio Castro e o seu valor histórico e cultural.  “Pasamos de ter un lugar referente a un lugar olvidado e abandoado”. Varela criticou a tala de árbores feita no entorno, “¿que lle pasa a este Alcalde cos árbores?” preguntou, e a existencia de restos de carteis tirados polo chan, a maleza sen cortar e desperfectos como a rotura das barandas que separan o parque de fincas anexas, das que sinalou que “poden provocar incluso a caída dalgún can polos desniveis”.

Dende o Partido Socialista criticaron, ademáis, o proxecto que baralla o actual Alcalde de instalar columpios e xogos infantís no propio contorno do Castro, cuestión que enlazan coa “obsesión electoralista de reformar e instalar cousas”, segundo apuntou Alberto Varela, e que non responde a ningunha lóxica ao haber moitos mellores lugares para elo. “Unha zona verde non necesita inevitablemente xogos infantís, pois cada cuestión ten o seu lugar e as súas necesidades”, apuntou Varela quen concluiu que “pretender instalar columpios no Castro Alobre é non ter idea nin de columpios nin de castros”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario