Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

4/3/15

Os socialistas presentan no Parlamento de Galicia iniciativas para a solución do lamentable e insalubre estado dos calabozos de Vilagarcía

O candidato socialista á Alcaldía, Alberto Varela, e a deputada Patricia Vilán, traballaron na elaboración de iniciativas e preguntas presentadas ao Pleno e á Comisión de Xustiza e Interior

Nos calabozos de Vilagarcía existen humidades e presenza de ratas

Vilagarcía de Arousa, 4 de marzo de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, e a deputada autonómica Patricia Vilán veñen de traballar conxuntamente para a presentación no Parlamento de Galicia de iniciativas e preguntas parlamentarias para o Pleno e para a Comisión de Xustiza e Interior, que farán referencia ao estado dos calabozos das dependencias de Vilagarcía. Varela e Vilán, ambos abogados, denuncian o estado de abandono no que a Xunta ten aos xulgados de Vilagarcía, que o alcaldable socialista tildou de "inaceptable".

Os socialistas apuntan nas súas iniciativas ao informe do Defensor do Pobo en 2014, que xa sinala o estado deplorable en que se atopan os calabozos, apuntando a existencia de humidades e de ratas. A mesma instancia do Defensor do Pobo sinala que "os problemas non están solucionados e incluso subordinados a plans con eficacia non inmediata".

Os representantes socialistas lembran que xa no outubro pasado o propio grupo parlamentario socialista denunciou a situación, aínda que como se desprende dos informes do Defensor do Pobo, nada foi feito dende aquel momento para resolver a situación. Os calabozos da Policía Nacional en Vilagarcía, que dan servizo ao xulgado ao non ter o propio edificio do xulgado dependencias para elo gracias a un acordo tomado con carácter "transitorio", mantéñense en condicións "insalubres" , segundo apuntou Alberto Varela, e instou á Xunta de Galicia a "dignificar a situación de inmediato, pois non é aceptable manter esas dependencias así". Os socialistas apuntan, ademáis, a que parte do espazo dos calabozos está destinado a almacenar documentación e informes relativos a casos xudiciais, en moitos dos casos xa rematados, que se deterioran contribuíndo a empeorar o estado dos espazos, e limitando a disponibilidade. "A xustiza que se está a promover neste país fomenta a indecencia das instalacións, aumenta as dificultades dos profesionais, colapsa o servizo público pero facilita as cousas para Bárcenas e os seus amigos", resumiu Alberto Varela. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario