Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

12/3/15

Alberto Varela reúnese con Arousa en Bici para facer unha aposta por un modelo de cidade peonil en favor dos ciclistas

No día de onte, Varela e parte do seu equipo recibiron na sede do PSdeG-PSOE a asociación ciclista para transmitirlle as súas propostas


O candidato socialista a Alcaldía de Vilagarcía asegurou que a formación do puño e da rosa xestionará ante Costas a continuidade do carril bici ata Carril polo paseo marítimo.

Vilagarcía de Arousa, 12 de marzo de 2015.- O candidato socialista a Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, que continúa realizando as xuntanzas cos distintos colectivos da cidade, recibíu durante o día de onte na sede do PSdeG-PSOE aos representantes de Arousa en Bici. Varela e parte do seu equipo amosaron a súas propostas para a vila e apuntou a necesidade de facer unha aposta por un modelo de cidade máis peonil en favor dos ciclistas.

O candidato da formación do puño e da rosa compartíu coa asociación ciclista o seu compromiso de retomar o modelo de cidade iniciado polo anterior goberno socialista no que reinaba a importancia da humanización na cidade.

Ambos colectivos coincidiron na necesidade de potenciar un casco urbán peonil reducindo a presenza de vehículos a motor. Nesta liña, entre as propostas dos socialistas, destaca a implantación da zona 30, una medida que obrigaría aos vehículos a circular polo centro urbán a un máximo de 30 km/hora en vez de 50, polo que “o tempo de ir dun lado a outro apenas se vería afectado, xa que en moitas zonas incluso non se chega a circular a esa velocidade. Sen embargo, os cidadáns e os ciclistas veríanse moi beneficiados”, explicou Varela.  

Os representantes de Arousa en Bici trasladáronlle ao candidato socialista a consideración da implantación dos carrís bicis nos novos proxectos e desenvolvementos urbanísticos que se leven a cabo na cidade co obxectivo de favorecer o uso da bicicleta, unha proposta que Varela acolleu con moito interese. “É importante que os centros das cidades dean cada vez máis protagonismo ao peón e aos ciclistas que aos vehículos de motor”, resaltou Varela.

Por último, o candidato socialista anunciou a súa intención de recuperar o Vai Bike, unha iniciativa que no seu día tivo unha gran acollida na cidadanía e que o bipartito actual deixou no olvido. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario