Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

27/3/15

Alberto Varela lamenta profundamente o intento de utilización electoralista da Policía Local despois de catro anos de menosprezo por parte do Goberno Municipal

Varela apuntou que “a mellor forma de homenaxear á Policía Local é dotala de persoal e medios para que poidan desenvolver correctamente o seu traballo”

Tania García, expresando toda a súa consideración polos axentes, anuncia a súa ausencia “por tratarse dun novo acto puramente electoralista despois do ninguneo  ao que foi sometido o corpo durante toda a lexislatura”

Vilagarcía de Arousa, 26 de marzo de 2015.- Alberto Varela, candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía denunciou hoxe “un novo capítulo na delirante deriva electoralista iniciada polo Sr. Fole nas última semanas”. O candidato á Alcaldía lamentou “a total falta de pudor que está a amosar o Sr. Fole ao intentar utilizar e manipular o corpo de Policías Locais, transformando nun acto político centrado en si mesmo unha celebración que tiña como tradición outras datas e que levaba tres anos sen ser convocada”. Neste sentido apuntou que “a entrega deste tipo de distincións víñase realizando no marco da celebración do tradicional pincho de Nadal, polo que só un burdo interese electoralista pode xustificar a decisión de realizalo agora cando o Sr. Fole non  modificou ese escenario nos tres últimos anos”.  Alberto Varela sinalou que amplifícase o bochorno de organizar este acto electoralista co feito de traer ao número 2 do Partido Popular, Alfonso Rueda, quen "de seguro fará lectura fará lecturas partidistas e interesadas na súa participación", non dubidou en sinalar o candidato socialista.

Segundo o candidato socialista “a situación roza o insultante cando se recorda o menosprezo e esquecemento ao que foron sometidos os axentes da Policía Local por parte do Goberno Municipal durante a presente lexislatura”. Varela defendou que “a mellor forma de recoñecer o traballo dos axentes e dotalos dos medios necesarios para que desenvolvan o seu traballo con seguridade e comodidade e non tratar de utilizar o seu traballo con fins partidistas organizando este tipo de eventos”. Pola contra, Varela  sinalo que “dende que o Sr. Fole accedeu a Alcaldía as únicas medidas adoptadas foron a amortización de prazas e o incremento da xornada laboral, ademais de non preocuparse pola renovación dos medios cos que os axentes realizan o seu traballo diario”. Alberto Varela tamén recorda que “os axentes incluso tiveron que soportar como o edil de Seguridade Cidadá, Cholo Dorgambide, lle chamara “vaguetes” ante a pasividade do Sr. Fole, quen non desdixo as palabras do seu Concelleiro nin expresou ningún recoñecemento público ao corpo de Policía”.


Por estes motivos, a voceira municipal -Tania García- manifestou a súa intención de non acudir “a un evento pensado por Fole e para Fole, onde o recoñecemento á Policía Local é utilizado como unha simple escusa no intento de satisfacción do seu ego”. Ademais, considera “unha falta de respecto ao restantes compañeiros da corporación o feito de que só fosen invitados os voceiros dos grupos a un acto ao que debería estar convidado o conxunto da corporación municipal”. Para a voceira municipal esta é unha proba máis de “se trata dun acto máis do PP que de recoñecemento ao encomiable traballo desenvolto pola Policía Local a pesares de que o Goberno Municipal actuou máis como un obstáculo que como outra cousa ao longo de toda a lexislatura”. Tamén sinalou que “un concelleiro que tivo a pouca vergonza de chamarlle “vaguetes” aos Policías Locais non está lexitimado para participar en ningún acto de merecido recoñecemento ao labor destes traballadores municipais”. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario