Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

16/3/15

Alberto Varela insta ao Goberno municipal a que faga público os proxectos á cidadanía antes de levalos a cabo

O candidato socialista a Alcaldía de Vilagarcía denuncia o descontento entre os vilagarciáns a causa das obras realizadas polo Concello sen contar co apoio dos veciños


A formación do puño e da rosa rexeita o mitin de Fole e Louzán no púlpito da Iglesia de Bamio 

Vilagarcía de Arousa, 16 de marzo de 2015.- O candidato socialista a Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, considera que o Goberno municipal debe facer público á cidadanía os proxectos que pretende levar a cabo antes de contratarlos. En vista do descontento dos veciños do Piñeiriño coas actuacións que se están acometendo na zona, e tralo anuncio das vindeiras accións que se levarán a cabo no areal Concha-Compostela e no Castro Alobre, Varela apuntou que “a lóxica indica que é necesario que Tomás Fole presente ante os cidadáns as actuacións que pretende poñer en marcha”, destacando que son casos de zonas con especial valor e que se deben protexer.  

“O que non se pode permitir é que os vecinos descoñezan as acción do seu propio goberno, que debe ser totalmente transparente cos vilagarciáns”, lamentou Varela. “Non é aceptable nin un só conflito máis entre cidadáns e Goberno, como xa pasou tantas e tantas veces nesta lexislatura, como coa tala de árbores na Xunqueira ou na praia Compostela. Os representantes dos vilagarciáns no Concello non poden facer oídos xordos as suas peticións”, resaltou. Varela aproveitou para evidenciar que “a nosa proposta de orzamentos participativos está pensada, entre outras razóns, para darlle a volta a estas situacións. Mentras o goberno municipal pretende realizar obras sen explicalas, nós pretendemos que os veciños participen da decisión de que obras se deben facer. Temos maneiras moi distintas de entender a política”.

Por outra parte, o grupo socialista de Vilagarcía rexeita o mitin realizado onte polo alcalde da ciudade, Tomás Fole, xunto con o presidente da Deputación provincial, Rafael Louzán, no púlpito da igrexia de Bamio. “Misturar os espazos relixiosos cos políticos non é respectuoso, e dende logo semella unha utilización frívola dunha igrexa que non está para que Fole e Louzán den un mitin”, apuntou Tania García, quen criticou a Fole dicindo que “pode ser que el pense que todo vale, e que como é o Alcalde pode facer o que lle pete. Agardamos que a Igrexa, como entidade, non estea a favor de que se utilicen os seus espazos, que son de todas as persoas da parroquia, para estas cousas. Se as igrexas se van a convertir en locais electorais que as inclúan no rexistro oficial como tal”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario